Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO AVANZA NA INSTALACIÓN DA FIBRA ÓPTICA CUNHA TÉCNICA DE MOVISTAR QUE ATENDERÁ O XOVES 26 AOS VECIÑOS INTERESADOS NO SERVIZO

AVANCES NA IMPLANTACIÓN DA FIBRA ÓPTICA NO CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO

O alcalde do Concello de Campo Lameiro, Carlos Costa Domínguez, acaba de asinar un bando mediante o cal se informa de que para avanzar na istalación da fibra óptica en todo o municipio unha técnica de Movistar estará o vindeiro xoves 26 de xaneiro nas oficinas do Consistorio en horario de 9 a 13:30 horas e de 15:30 a 19:30 horas para atender as demandas de contratación e as incidencias que poida presentar a instalación deste servizo.

Os veciños que poden pasar consulta serán aqueles que residan en Rozas, Paredes, Praderrei, Reboredo, Liñariños, Arrotea, Parada e San Isidro.

Asi mesmo, por si quedou alguén atrás con respecto a outra xuntanza, poden pasar os que residan en Campo Lameiro (zonas de A Lagoa, Lameiro e Cascaneda), Gargallóns, Laxe, Cerdeiras, Morañó, Painceiros, Couso, Armonda, A Brea, Muimenta, Mullerboa, Fontenla, Redonde e Polígono Industrial A Facha.

Back to top