O CAMIÑO DE CONLA RECIBE 28.000 EUROS DE VICEPRESIDENCIA DA XUNTA PARA O SEU ARRANXO
O Concello de Campo Lameiro logrou da Vicepresidencia da Xunta unha axuda duns 28.000 euros para a adecuación do Camiño de Conla que terá un coste total duns 40.000 euros. A subvención da Xunta alcanza o 70% do custe total da obra a realizar e o resto correrá por conta do Concello de Campo Lameiro.
Con esta actuación o Concello de Campo Lameiro mellorará substancialmente esta vía de comunicación e vertebración interior do municipio que se atopa nunha situación de deterioro importante con presenza de continuos baches e zonas moi afectadas polo paso de vehículos agrícolas e de gran peso.
Este vial sirve tamén de punto de unión e comunicación entre os municipios de Campo Lameiro e A Estrada polo que resulta dun elevado interese para mellora-la relación entre a veciñanza de ámbolos dous concellos.
RESOLUCION CONCESION DE SUBVENCION PARA ADECUACIÓN CAMIÑO DA CONLA