Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O AUDITORIO SOBRINO BUHIGAS ACOLLERÁ O VINDEIRO SÁBADO 2 DE MARZO, DE 10 A 14 HORAS E DE 16 A 20 HORAS, UN CURSO DE AUTODEFENSA PARA MULLERES ANTE SITUACIÓNS VIOLENTAS

O Concello de Campo Lameiro acollerá un curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas organizado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, o vindeiro SÁBADO 3 DE MARZO de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas, monitorizado por especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Dende a Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, no marco do Acordo de Colaboración asinado entre este departamento e a Federación galega de Municipios e Provincias de Galicia (FEGAMP) para a conformación dunha Rede de entidades locais contra a violencia de xénero, o Concello de Campo Lameiro foi seleccionado para desenvolver a actividade: “Prevención de situacións de violencia de xénero: curso de defensa persoal e autocapacidades”. (Grupo mínimo 7 mulleres cunha condición física normal). Curso de adestramento físico e psíquico para crear protocolos de actuación cara diversas situacións de violencia de xénero. O curso impartirase por monitores e monitoras especialistas en defensa persoal e integrantes da Federación Galega de Loita.

Máis información nas oficinas do Concello de Campo Lameiro.

Back to top