INFORMACIÓN PARA ACCEDER AOS CURSOS DE FORMACIÓN GRATUITOS DO INEM
As persoas que estean interesadas en realizar cursos gratuítos para persoas desempregadas dependentes do INEM deberán solicitalo na Oficina do Inem correspondente, cubrindo a solicitude que se xunta SOLICITUDE DE CURSOS DE FORMACIÓN (que no caso dos/as veciños/as de Campo Lameiro correspóndelle a Oficina de Pontevedra-Bisbarra).
Se ben, podedes empregar a Oficina Virtual do Servizo público de emprego de Galicia neste enlace: https://emprego.xunta.gal/portal/gl/
A través da oficina virtual poderedes realizar todo tipo de trámites relacionados co emprego, dende renovar ou selar a Tarxeta de demandante de emprego sen necesidade de desprazarvos ata a oficina, acceder ás ofertas de emprego, solicitar cita para orientación laboral así como coñecer a oferta formativa completa e actualizada que desenvolve a Consellería para as persoas desempregadas ao longo do ano nas distintas especialidades formativas, e inscribirvos nelas.
Convén que de cara a próxima publicación e celebración dos cursos para desempregados, empreguedes a Oficina Virtual como xeito máis áxil e efectivo para solicitalos e así resultar seleccionados.
Tan só teredes que solicitar unha clave na oficina de emprego.
Para máis información non duvidedes en contactar co Concello (Tlf. 986752034).