Campo Lameiro ten unha parte importante da súa historia grabada en pedra, en forma de petroglifos.
Os seús importantes restos arqueolóxicos falan da antiga ocupación do municipio, datada en torno o ano 3200 antes de Cristo. A grande cantidade de pedras gravadas e a riqueza dos motivos, fan deste concello a Capital da Arte Rupestre.
Campo Lameiro conserva un valioso patrimonio arqueolóxico, pero tamén mostras sinificativas da arte posterior, concretamente do románico e do barroco, en igrexas como a de Santa María de As Fragas, San Miguel do Campo e Santa María de Moimenta.