Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

CONTRATACIÓN LABORAL DE TRABALLADORES/AS, Ó ABEIRO DO PLAN DE EMPREGO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA O ANO 2018

 

CONTRATACIÓN LABORAL DE  TRABALLADORES/AS, Ó ABEIRO DO PLAN DE EMPREGO  DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA O ANO 2018

 

O concello de Campo Lameiro ao abeiro Liña 3. Emprego para a conservación e o funcionamento de bens e servizos municipais   do   Plan Concellos 2018 da Deputación Provincial de Pontevedra, puso en marcha unha Brigada  municipal de obras e servizos deportivos que dan apoio a brigada municipal existente no concello.

 

Este brigada municipal esta integrada por dez desempregados, tres peóns forestais, tres peóns da construción, un albanel e un tractorista que durante  9 meses se centraran en tarefas de desbroce de pistas e zonas verdes; limpeza e o acondicionamento do entorno dos grupos de Petroglifos,  de tarefas de xardinería, albanelería, pintura, fontanería, electricidade;  mantemento dos edificios municipais, a conservación das infraestruturas, as pequenas reparacións, limpeza e recollida de lixo, alumeado público, abastecemento de auga e saneamento.

 

Ademais o servizo completarase coa contratación de dous monitores deportivos- socorristas para o período estival.

A iniciativa representa un investimento en materia de emprego de 83.000 euros. de fondos procedentes da Deputación de Pontevedra.

 

Back to top