Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

DIRECCIÓN

HORARIO

  • Luns e mércores: 09:15 a 13:15
  • Martes e xoves: 16:00 a 20:00

SERVIZOS

CONSULTA EN SALA

A Biblioteca Pública como espazo de lectura.

As coleccións son accesibles directamente sen necesidade de petición previa ao persoal da sala. Unha vez terminada a súa consulta, as obras deberán ser depositadas nos lugares indicados e habilitados para o efecto.

CONSULTA DO CATÁLOGO EN LIÑA

O catálogo en liña permite coñecer se a biblioteca ten no seu fondo dalgún exemplar que sexa do noso interese e ao mesmo tempo, a súa dispoñibilidade.

Esta ferramenta atópase aloxada na Web da Rede de Bibliotecas da Xunta de Galicia.

Podes consultar aquí o catálogo da biblioteca.

PRÉSTAMO

O servizo de préstamo permite sacar os libros que desexes fóra das instalacións da biblioteca. É un servizo gratuíto para o cal se precisa un carné de lector.

¿Cantos libros se poden levar? Pódense levar como máximo tres exemplares.

¿Por canto tempo? 15 días prorrogables. Solicita a prórroga antes de que remate o prazo na biblioteca ben de forma presencial ou telefonicamente.

SUXERENCIAS DE COMPRA

Co obxectivo de adaptar o fondo ás necesidades dos usuarios, a biblioteca pon á vosa disposición a posibilidade de solicitar os libros que vos gustaría que formasen parte do noso fondo. A biblioteca valorará a proposta e se a estima oportuna tramitará a súa adquisición.
Podes realizar as túas suxerencias enviando un correo electrónico a cemit.campolameiro@xunta.es

INTERNET

A Biblioteca Pública Municipal dispón de conexión WiFi para así poder acceder a Internet dende os portátiles persoais.

REXISTRO EN GALICIALE (Plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas de Galicia)

GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.

GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.

En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico.

Para poder acceder a GaliciaLe cómpre:

Ser usuario/a con carné dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. En caso de que non dispoñas del, podes dirixirte á biblioteca e solicitar o teu carné.

Ter un dispositivo compatible (tableta, ordenador persoal, lector de libro electrónico, teléfono móbil etc.) e unha conta de correo electrónico.

Podes consultar aquí o catálogo de GaliciaLe.

AULA CEMIT

A aula CeMIT está situada nas dependencias da Biblioteca Pública Municipal. Dispón de once ordenadores con conexión a Internet e un adaptado a persoas con discapacidade. Ademais diso, hai diferentes periféricos para o traballo dos alumnos: impresora, cámara de fotos dixital e os dispositivos necesarios para poder realizar cursos por videoconferencia.

Ofrece tamén, formación en tecnoloxía a todos os grupos de idade, e aula aberta para acceder de forma libre e gratuíta a internet utilizando os ordenadores da aula. Tamén poderás traer o teu portátil e conectalo á WiFI.

Outro dos servizos bastante demandados é a resolución de problemas e dúbidas tecnolóxicas. A axente Tic encargada de xestionar a aula axudarache a realizar os trámites administrativos que teñas que facer vía telemática así como a solucionar problemas tecnolóxicos en dispositivos persoais (teléfono, tablet, ordenador, …) ¡Ven a coñecer todas as posibilidades que ofrece a aula CeMIT!

Back to top