Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

AXUDAS PARA NOVOS EMPRENDEDORES-GALICIA EMPRENDE 2021

AXUDAS PUBLICADAS

 

AXUDAS PARA NOVOS EMPRENDEDORES – GALICIA EMPRENDE 2021

OBXECTO

As bases teñen por obxecto convocar as subvencións para os proxectos emprendedores de creación ou ampliación de pequenas empresas galegas ou cun centro de traballo en Galicia que na data de presentación da solicitude de axuda non teñan máis de 42 meses de antigüidade desde a data de inicio da súa actividade (primeira alta no IAE).

Serán subvencionables tamén os proxectos de reemprendemento, entendendo como tal exclusivamente as persoas autónomas que estivesen de baixa continuada de toda actividade económica por conta propia durante un período igual ou superior a 3 anos; nestes casos, os 42 meses contaranse respecto da primeira alta en actividade económica por conta propia inmediatamente posterior á dita baixa.

A presente convocatoria finánciase no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, que ten unha taxa de cofinanciamento do Feder do 80 %, computando como cofinanciamento nacional o investimento privado elixible dos beneficiarios polo 20 % restante.

CARACTERÍSTICAS DA AXUDA

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.

Serán subvencionables os investimentos e gastos que correspondan de xeito indubidable ao proxecto de creación ou ampliación da pequena empresa, en particular:

a)      Obra civil para construción, reforma ou habilitación de instalacións.

b)     Bens de equipamento: maquinaria de proceso, instalacións específicas para a actividade subvencionable, equipamentos e medios de transporte interno, vehículos especiais de transporte externo, medios de protección do ambiente e outros bens de equipamento.

c)      Outros investimentos en activos fixos materiais, incluído mobiliario. En ningún caso se subvencionarán os vehículos de transporte externo que non teñan a consideración de vehículo especial.

d)     Activos inmateriais: activos que non teñen unha materialización física ou financeira, como patentes, licenzas, coñecementos técnicos ou outros dereitos de propiedade intelectual e páxinas web.

e)      A adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou de bens de equipamento de segunda man (segundo os requirimentos establecidos).

f)       Gastos de persoal de nova contratación.

g)      Gastos de alugueiro de locais. Non poderán imputarse custos por este concepto no caso de que a actividade se desenvolva na vivenda da persoa emprendedora.

h)     Gastos de contratacións externas de servizos específicos: software de pagamento por uso, deseño gráfico, identidade corporativa, servizos de asesoramento para a posta en marcha do proxecto empresarial.

i)       Os custos do informe de auditor de contas inscrito no ROAC requirido no artigo 17.4.b).2º, ata un máximo de 1.000 €.

A subvención a fondo perdido será do 80 % dos custos subvencionables, ata un máximo de 400.000 €.

OS PROXECTOS DEBERÁN CUMPRIR OS SEGUINTES REQUISITOS:

a)      Ser técnica, económica e financeiramente viables.

b)     Ser proxectos completos, é dicir, a realización dos gastos e investimentos subvencionables debe dar como resultado a posta en marcha da actividade ou a súa ampliación. Non serán subvencionables as fases de proxectos que non sexan completas nestes termos.

c)      Deben desenvolverse en Galicia.

d)     A axuda solicitada debe supor un efecto incentivador para o proxecto presentado.

PERSOAS BENEFICIARIAS

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas traballadoras autónomas e as pequenas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, que realicen unha actividade económica e teñan menos de 42 meses de antigüidade de alta na actividade na data da solicitude da axuda, segundo se establece no artigo 1 da orde publicada.

Enténdense incluídas as sociedades mercantís, cooperativas, asociacións e outras entidades con personalidade xurídica propia e as sociedades civís, comunidades de bens e outras entidades sen personalidade xurídica propia, sempre que conten con NIF e a súa constitución estea documentada e presentada a autoliquidación do imposto de actos xurídicos documentados.

PRAZO

09/01/2021 – 22/02/2021

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte á publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará transcorridos 45 días naturais.

NORMATIVA

Resolución do 17 de decembro de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para 2021 en réxime de concorrencia competitiva (Galicia emprende) (código de procedemento IG406F).(DOG núm. 4 do 8 de xaneiro de 2021).

 

Publicación DOG Ficha sede

INSCRICIÓN NO PROCEDEMENTO DE RECOÑECEMENTO DA COMPETENCIA PROFESIONAL.

OBXECTO

Esta orde ten por obxecto realizar a convocatoria para o ano 2021, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, do procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral e/ou de vías non formais de formación (código de procedemento TR305A) para un total de 1.209 prazas, nas unidades de competencia que se indica no anexo I e cun total de 4.140 unidades de competencia

UNIDADES DE COMPETENCIA CONVOCADAS.

·         Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 325 prazas.

·         Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 225 prazas.

·         Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 150 prazas.

·         Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 150 prazas.

·         Operacións de vixilancia e extinción incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural (SEA595_2): 150 prazas.

·         Vixilancia e seguridade privada (SEA029_2): 162 prazas, nas seguintes unidades de competencia:

–        UC0080_2 Efectuar a vixilancia e protección de bens e persoas en espazos delimitados e do transporte de fondos e obxectos valiosos.

–        UC0081_2 Efectuar o acompañamento, defensa e protección de persoas ou grupos concretos.

·         52 prazas das persoas que quedaron na lista de espera na convocatoria anterior (Orde do 15 de novembro de 2019).

·         110 novas prazas.

·         Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 47 prazas que pertencen á lista definitiva de persoas en lista de espera (Orde do 15 de novembro de 2019).

Nesta cualificación profesional non se admitirán novas solicitudes nesta convocatoria.

Poderá ampliarse a outras cualificacións profesionais as unidades de competencias convocadas e, para eses efectos, publicarase polos mesmos medios que a presente convocatoria coa apertura de prazo para presentar solicitudes ás novas unidades convocadas.

Unidades de competencia convocadas.

No caso de que nalgunha das unidades de competencia convocadas as persoas candidatas admitidas non cubran o número de prazas convocadas, o Instituto Galego das Cualificacións poderá asignar estas prazas a outras unidades de competencia doutras cualificacións profesionais, atendendo prioritariamente a aquelas cualificacións profesionais que estean afectadas por unha regulación profesional.

PERSOAS BENEFICIARIAS

Persoas traballadoras asaliaradas, autónomas ou por conta propia, voluntarias ou bolseiras.

REQUISITOS

1. As persoas que desexen participar no procedemento deberán cumprir os seguintes requisitos:

a)      Posuír a nacionalidade española; atoparse incluído, como residente comunitario ou familiar deste, no ámbito de aplicación do Real decreto 240/2007, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns da UE; ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.

b)     Ter 20 anos feitos no momento de realizar a inscrición, para o caso de solicitar unidades de competencia de niveis 2 e 3.

c)      Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar:

1º. No caso de experiencia laboral: Para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria.

2º. No caso de formación non formal: Para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria.

Naqueles módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretende acreditar que consideren unha duración inferior, deberán acreditarse as horas establecidas nestes.

d)     Non estar matriculado nun curso de formación profesional inicial, ordinario ou modular, ou non estar, no momento da inscrición, realizando formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia que solicita.

e)      Non posuír ou estar en condicións de obter un título de formación profesional ou un certificado de profesionalidade que conteña a/as unidade/s de competencia que solicita, nin os seus equivalentes ou a acreditación parcial da/das unidade/s de competencia que solicita.

f)       Non estar inscrito noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional ou nas probas libres para a obtención do título de formación profesional, levado a cabo por calquera administración ou organismo público, conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia que solicita.

2. As persoas candidatas, maiores de 25 anos, que reúnan os requisitos de experiencia laboral ou de formación indicados no punto anterior, e que non os poidan xustificar mediante os documentos sinalados no artigo 8 desta orde, poderán solicitar a súa inscrición provisional no procedemento. Deberán presentar xustificación mediante algunha proba admitida en dereito da súa experiencia laboral e/ou aprendizaxe non formal de formación.

Segundo o establecido no artigo 11.2 do Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, para estudar estes casos, a Dirección Xeral de Formación e Colocación designará aos asesores e asesoras necesarios, que emitirán un informe sobre a procedencia ou non da participación da persoa candidata no procedemento. Se o informe é positivo, procederase á súa inscrición definitiva.

PRAZO

15/01/2021 – 11/02/2021

1. O prazo de inscrición será de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

2. As persoas que quedaron na lista de espera definitiva da convocatoria publicada a través da Orde do 15 de novembro de 2019, nas cualificacións profesionais de Servizos para o control de pragas (SEA028_2) e de Vixilancia e seguridade privada (SEA029_2) non teñen que presentar solicitude de inscrición.

NORMATIVA

Orde do 23 de decembro de 2020 pola que se realiza a convocatoria pública para o ano 2021 do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais (DOG nº 8 do 14 de xaneiro de 2021).

Ligazón á normativa

 

OUTRAS AXUDAS PUBLICADAS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E E INNOVACIÓN

IN421L Axudas para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria.

TR305A Inscrición no procedemento de recoñecemento da competencia profesional.

MEDIO RURAL :

MR443A Axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios.

MR553C Indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades

MR361A Axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, financiados polo FEAGA.

MT809D Axudas económicas para a prevención dos danos que causan as especies silvestres.

MT809E Axudas económicas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas.

MT809B Axudas económicas para paliar os danos producidos polo lobo

MR536A Axudas para o fomento das razas autóctonas galegas.

EDUCACIÓN :

ED504E Axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa para mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas extranxeiras.

ED417A Axudas complementarias do programa comunitario de mobilidade de estudantes Erasmus+.

ED433A Axudas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico ou por unha situación derivada da COVID-19, teña dificultades económicas para continuar os estudos.

Back to top