Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO MELLORARÁ O CAMIÑO DO FONDO CUNHA SUBVENCIÓN EUROPEA DUNS 30.000 EUROS

O Concello de Campo Lameiro logrou 30.318,18 euros de Fondos Europeos canalizados a través do Plan Marco da Xunta de Galicia e que conta co financiamento do “Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural” que cofinancia tamén o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e a Unión Europea.

Esta axuda provinte de fondos da Unión Europea permitirá investir no reforzo da capa de rodadura do firme do Camiño do Fondo en Campo Lameiro a cal favorecerá a vertebrar mellor a comunicación interior do municipio, sobre todo en lugares de carácter rural onde a Unión Europea ten un programa para investir de xeito específico co fin de mellora-la calidade de vida dos residente neste ámbito.

O Concello de Campo Lameiro iniciará o máis breve posible a tramitación desta obra que se levará a cabo con fondos da Unión Europea.

RESOLUCIÓN CONCESIÓN DE AXUDA PARA MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A PARCELAS AGRÍCOLAS

Back to top