A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DESTINOU NESTE ANO 27.256,15 EUROS A CAMPO LAMEIRO POLAS CONSECUENCIAS DA COVID-19
A Deputación Provincial de Pontevedra concedeu ao Concello de Campo Lameiro apoio económico para poderen atender as demandas de necesidade urxente e puntual das e dos veciños que se atopan en situación de risco de exclusión social, con especial atención ás persoas con menores ao seu cargo ou en situación de especial vulnerabilidade por un montante total de 27.256,15 euros.
Ademais, para darlles resposta a situacións de grave emerxencia, tras a declaración do estado de alarma ante a crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, ao tratarse de situacións estreitamente vinculadas aos feitos xustificativos deste estado, indispensables para a protección do interese xeral e para garantir o funcionamento básico dos servizos.
As bases desta subvención directa están en:
https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2020/03/24/2020016119