A DEPUTACIÓN CONCEDEULLE UNHA SUBVENCIÓN DE 28.819,65 EUROS AO CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO PARA DOTACIÓN DE MATERIAL DEPORTIVO NO XIMNASIO MUNICIPAL
A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello de Campo Lameiro a cantidade de 28.819,65 € con destino ao financiamento do investimento “Dotación de material deportivo en ximnasio municipal” ao abeiro do Plan extraordinario de infraestruturas deportivas, cun orzamento polo mesmo importe (28.335,65 € de subministración e 484,00 € de honorarios de redacción da memoria valorada).