O CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO ABRE O PRAZO ATA O 16 DE XUÑO PARA ANOTARSE NO “PROGRAMA CONCILIA+” PARA NENOS E NENAS DE 3 A 12 ANOS
O Concello de Campo Lameiro co obxecto de favorecer a conciliación familiar nos meses de verán e co cofinanciamento da Deputación de Pontevedra na liña de axudas para o fomento da igualdade e prevención da violencia de xénero, abre o prazo de inscrición para unha nova edición do Programa Concilia que permitirá a atención de menores dende os 3 anos de idade – sempre que xa asistiran ao colexio- ata os 12 anos, con actividades de lecer e con persoal especializado que, este ano, será a través da empresa AINDAMAIS Animación.
Para poder garantir praza ás familias que precisen conciliar por motivos laborais, o prazo de presentación de solicitudes será ata o 16 de xuño ás 14:00 horas. As inscricións poden facerse presencialmente no Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas ou a través da sede electrónica.
HORARIO: Durante os meses completos de Xullo e Agosto.
De luns a venres de 9 a 14 horas.
PRAZAS: 30 prazas no mes de xullo e de 20 prazas no de agosto.
INSCRICIÓN: A inscrición será por quincenas
DOCUMENTACIÓN necesaria para a solicitude de praza:
- Fotografía da/o menor
- DNI da/o menor. Se non o ten, libro de familia ou certificado de nacemento.
- Tarxeta sanitaria
CUSTO DO PROGRAMA
- Menores empadroados/as no Concello: 12,50 €/ quincena.
- No caso de asistencia de 2 irmáns: 22,50 €/ quincena
- Menores non empadroados/as: 20 €/ quincena
FORMA DE PAGAMENTO:
Logo de rematar o prazo de inscrición, o Concello publicará a lista de admitidos/as.
As familias das/os menores admitidos, deberán formalizar a matrícula co pago correspondente mediante ingreso bancario antes do 24 de xuño na conta do Concello:
ABANCA – Nº DE CONTA: ES35 – 2080 – 0510 – 25 – 3110000102
Unha vez remate o prazo de matrícula, o concello convocará a unha reunión informativa da empresa que realizará a actividade coas familias.
IMPORTANTE: Deberá haber un mínimo de 15 participantes en cada quincena para poder levar a cabo a actividade.
Debido ao límite do número de prazas, aplicarase a seguinte ORDE DE PRIORIDADE para a admisión de participantes:
- Nenas/os empadroadas/os no concello e con matrícula no CEIP Pedro Antonio Cerviño
- Nenas/os empadroados/as no Concello
- Alumnado do CEIP Pedro Antonio Cerviño
- Se o número de prazas demandadas supera ao das ofertadas, terán prioridade as nenas e nenos de menor idade con respecto aos de maior idade.
Unha vez, aplicados todos estes criterios polo orde establecido, se quedaran prazas dispoñibles, terán prioridade:
- As familias monoparentais que traballen no concello.
- Resto de familias que, ao menos, un dos proxenitores traballen no concello.
- Por último, a data de solicitude.
IMPRESO DE SOLICITUDE:
Solicitude Inscrición Concilia+ 2025