Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O ALCALDE E MEMBROS DO COMITÉ ORGANIZADOR PRESENTAN A SEGUNDA ANDAINA CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO A BENEFICIO DA FUNDACIÓN ANDREA QUE SE CELEBRARÁ O 17 DE SETEMBRO

O alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, e varios membros do Comité Organizador presentaron a “II Andaina Concello de Campo Lameiro”, que se celebrará o domingo 17 de setembro sobre tres trazados: un longo de 23 quilómetros, outro medio, de 14 quilómetros e un curto de 8 quilómetros. Esta iniciativa permitirá tamén, cos fondos que se recauden por participar, axudar á Fundación Andrea de apoio a nenos e nenas con enfermidades de longa duración, crónicas e terminais.

No acto de presentación, o alcalde Carlos Costa compareceu con varios membros do Comité Organizador entre os que estaban Mónica  Arza,  Candido Carramal, Fernando Caldas, Jesús García e Paula Pazos, encargados de varios departamentos e cometidos dentro do complicado e laborioso proceso de organización desta actividade.

Así, esta proba pedestre non competitiva pretende promocionar tamén dos distintos lugares e paraxes marabillosos que conforman o patrimonio natural e medioambiental do concello de Campo Lameiro, Capital do Turismo Rural 2023, e a organización estableceu un percorrido circular con varios postos de avituallamento para facilitar que os participantes estean perfectamente atendidos ao longo de toda andaina.

O percorrido establecido pola organización contempla un desnivel positivo de 860 metros para a distancia longa de 23 quilómetros, que terá tamén habilitados 3 avituallamentos. No caso do trazado medio, de 14 quilómetros, disporá de dous avituallamentos e no curto, de 8 quilómetros, un.

Para incentivar a inscrición neste evento deportivo e turístico, a organización estableceu varios sorteos de produtos doados por establecementos comerciais da contorna entre todos os dorsais inscritos, que terán que abonar 10 euros por participar en concepto de seguros, etc. 5 euros de cada inscrición irán destinados íntegramente á Fundación Andrea de apoio a nenos e nenas con enfermidades de longa duración, crónicas e terminais.

As inscricións deberán facilitarse a través da páxina web www.sportmaniacs.com e so polo feito de participar os inscritos recibirán unha camisola de agasallo por parte da organización, que respectará a talla aos primeiros 300 inscritos. Tamén habilitaranse senllas Apps para Android e IOs nos seguintes enderezos:

APP SAUDETER LIVE:

ANDROID

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.sportmaniac_live_app_android.saudeter

IOS

https://apps.apple.com/es/app/saudeter/id1533790801

Ao remate deste evento turístico-deportivo a organización servirá un aperitivo a base de pinchos nos que haberá empanada, mexillóns e callos que poderán ser degustados e acompañados por bebidas refrescantes doadas polos establecementos colaboradores.

Segundo manifestou o alcalde de Campo Lameiro, “seguimos apostando polas prácticas saudables e por facer protagonista destas actividades á nosa paisaxe que é excelente como o testemuña o feito de que este ano nos concederan a distinción como Capital do Turismo Rural de España 2023. Este será tamén un aliciente máis, xunto co solidario, para participar neste proba non competitiva”, indicou ou rexidor.

REGULAMENTO DA II ANDAINA DE CAMPO LAMEIRO 2023 

A andaina conta con 3 distancias: 8 Kms, 14 kms e 23 kms. O principal obxectivo desta proba é fomentar, entre todos os veciños e participantes, a práctica do sendeirismo como un dos pilares dunha vida saudable, e visibilizar o traballo realizado pola Fundación Andrea.

DATA E HORA DA PROBA

A proba terá lugar o domingo 17 de setembro 2023 ás 9.00 horas a ruta longa e 9:30 h a ruta media e a curta. Tanto a saída coma a chegada será desde a Praza do Concello s/n (centro da vila).

RECOLLIDA DOS DORSAIS

Os dorsais poderanse recoller o domingo 17 a partir 7:30 horas ata as 8:45 h. ruta longa e 9:15 h. ruta media e curta na Praza do Concello s/n.

PERCORRIDO

Transcorrerá integramente dentro do concello de Campo Lameiro e será na súa práctica totalidade por camiños e pistas cruzando en varias ocasións algunha estrada local ou comarcal. Nestes puntos haberá que prestar atención e seguir as indicacións dos voluntarios e axentes da autoridade. Todo aquel que non siga as instrucións quedará inmediatamente excluído e deberá abandonar a proba. A todos os participantes se lle facilitará un mapa co detalle do percorrido. E fundamental ter en conta o medio polo que nos imos mover, especialmente nos tramos a beira do río, xa que existe a probabilidade de esvarar e caer polas pedras pola humidade existente.

PERFIL

Tanto a proba de 8 kms. ou 14 kms., como especialmente a de 23 kms., terán lugar sobre un terreo nalgunhas ocasións accidentados e con ascensións. É preciso ter un mínimo de forma física para a proba de 8 kms. ou  14 kms., e no caso da proba máis longa será necesario estar en boa forma xa que o desnivel positivo é de aproximadamente 860 metros.

INSCRIPCIÓNS

Poderán participar todas as persoas que o desexen cun límite de 600 participantes. Os menores de 16 anos deberán ir acompañados en todo momento por unha persoa responsable maior de idade. A inscrición poderase facer ata o dia 7  de setembro na páxina sportmaniacs.com o prezo é de 10 €uros.

Non se devolverá o importe da inscrición salvo causas de forza maior, debidamente xustificadas e apreciadas pola organización deste evento.

Deste prezo, a organizacion da andaina comprométese a colaborar coa Fundación Andrea con 5€ por participante. Habilitarase unha fila cero para calquera persoa que queira facer a súa achega a favor desta causa.

SINALIZACIÓNS E CONTROIS

O percorrido estará sinalizado con bandeirolas amarelas e vermellas.

A organización poderá cambiar os tempos de corte en función das condicións do terreo, dichas modificacións serán comunicadas antes do inicio da proba.

Os participantes portarán o dorsal nun sitio claramente visible, preferentemente no peito.

A 1:30 no cruce de Praderrei habera un corte e todo participante que non ao rebasara tera que abandonar o percorrido ou de querer seguir devolverá o dorsal

AVITUALLAMENTOS

Haberá 3 avituallamentos para os/as participantes da ruta longa (San Antonio, PAAR, Lodeiro), 2 para os da ruta media (PAAR, Lodeiro) e 1 para a curta (PAAR). En todos haberá líquido e sólido.

ABANDONO

O abandono realizarase nalgún dos postos de control ou avituallamento informando para elo o persoal da organización. Se por causa de lesión ou accidente o participante quedara inmobilizado deberá avisar á organización ou a outro participante que a súa vez informará á organización.

A organización reservase o dereito a realizar as modificacións que estime oportunas no percorrido e programa, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas o obrigan ou por outro caso de forza maior.

A organización declina toda a responsabilidad   da participación de animales domésticos  na proba.

Os participantes están obrigados a auxiliar os accidentados así como a dar aviso á organización.

A inscrición na andaina conleva a cesión e autorización das imaxes que a organización realice durante o transcurso da proba

DESCUALIFICACIÓN

Quedará descualificado, con todo o que supón, todo aquel que:

Non cumpra o presente regulamento.

Non pase polos controis establecidos.

Non complete a totalidade do percorrido na opción na que estea inscrito.

Corra con outro dorsal ou falsifique os datos de inscrición.

Non siga as indicación da organización.

Todo aquel que deteriore ou ensucie o entorno non poderá participar en sucesivas edicións.

RECOMENDACIÓNS

Estamos ante unha proba de dificultade media-alta que discorre por unha zona de natureza que en casos non ten presenza humana habitualmente. Por todo iso recomendase estar en boa condición física, e especialmente se chove ter en conta o perigo das zonas técnicas e con pedras na beira do cauce do río. Recomendamos o uso de:

Calzado e vestimenta adecuada para a montaña.

Recipiente para líquido.

Gorra o sombreiro, gafas de sol e crema de protección solar.

Chifre.

Móbil con batería.

A proba conta cos seguros que marca a lexislación actual pero declina toda responsabilidade no caso dun accidente por neglixencia así como dos obxectos que porte cada participante.

Back to top