O CONCELLO COLABORA COA VISIBILIZACIÓN DA ESCLEROSE LATERAL AMIOTRÓFICA NO DÍA DA LOITA CONTRA A ELA
Joaquina Martínez Pintos é a presidenta da Asociación Galega de Afectados pola Esclerose Lateral Amiotrófica (AGAELA) e veciña de Campo Lameiro. A súa loita contra esta enfermidade neurodexenerativa é un exemplo de valentía, entereza e rebeldía fronte a adversidade ao tempo que representa unha mensaxe de esperanza e visibilización ante a sociedade e as administracións públicas.
Existen máis de 3.000 persoas afectadas por esta enfermidade en España e cada ano diagnostícanse 900 novos casos.
A ELA existe e temos que coñece-la súa realidade.
Grazas a Joaquina Martínez Pintos polo seu exemplo de loita vital e pola súa sensibilidade humana.