O CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO CULMINA UNHA AMBICIOSA ACTUACIÓN NA QUE INVESTIU UNS 25.000 EUROS NA POSTA EN VALOR DE VARIOS PETRÓGLIFOS DO MUNICIPIO
O Concello de Campo Lameiro acaba de culminar unha ambiciosa actuación, dotada cun orzamento duns 25.000 euros (uns 21.000 euros procedentes dunha subvención de Vicepresidencia da Xunta e casi 4.000 euros da Deputación), para a posta en valor das estacións rupestres de “Chan da Lagoa”, “Laxe da Rotea de Mendo”, “Campo de Matabois” e “Pedra da Serpe”.
Esta actuación acabábase de executar cando tivo lugar o atentado contra os petróglifos da “Laxe da Rotea de Mendo”, que será obxecto dunha intervención por parte de técnicos de Patrimonio para a súa recuperación despois dos danos causados.
Segundo o alcalde, Carlos Costa, a intervención promovida polo Concello na que se investirón uns 25.000 euros pretende “conservar, poñer en valor e promocionar o legado dos nosos ancestros como revulsivo turístico e cultural para Campo Lameiro, capital galega da arte rupestre, que ten nestes vestixios arqueolóxicos un sinal propio de identidade como pobo”.
Os traballos realizados tiveron como obxectivos principal o acondicionamento dos petróglifos de “Chan da Lagoa”, ubicado no lugar de Parada, na parroquia de San Isidro de Montes; “Laxe da Rotea de Mendo”, en Lameiro, parroquia de San Miguel de Campo; “Pedra da Serpe”, no castro de Penalva e “Campo de Matabois”, no lugar de Caneda, na parroquia de Santiago de Morillas.
As actuacións xiraron principalmente en reintegrar os elementos deteriorados, mellorar o entorno e dotar de sinalización adecuada os mesmos, co que se contribúe a aumentar a súa seguridade e difusión. Coas obras realizadas impídese o deterioro do elemento, así como o acceso de animais ao petróglifo catalogado.
ACTUACIÓN INDIVIDUALIZADA POR PETRÓGLIFO
As obras realizadas no petróglifo de “Chan da Lagoa” consistiron na instalación dun valado da zona de protección, tamén se repuxo a madeira deteriorada das pasarelas, reparáronse os sendeiros e fíxose unha poda e corta selectiva do arborado existente.
No petróglifo de “Campo de Matabois” tamén se levou a cabo a instalación dun valado na zona de protección mediante elementos de madeira de pino pinaster con tratamento autoclave a vaciopresión ata conseguir unha clase 4 contra a carcoma, termitas e insectos, estando formado o valado por postes de Ø 120 x 1500 mm. dispostos cada dous metros anclados ao térreno con dous travesaños de Ø 80 x 2000 mm. entre postes.
A reposición das pasarelas realizouse con táboa de madeira maciza de pino pinaster de sección 120-140 x 45 mm. e lonxitude a da pasarela, a madeira estará tratada en autoclave a vaciopresión ata conseguir unha clase 4 contra a carcoma, termitas e insectos, fixarase ao soporte mediante tornillería de aceiro inoxidable.
Tamén se levaron a cabo labores de reposición dos tablóns de madeira deteriorados que serven para confinar e delimitar os sendeiros, empregando para elo madeira maciza de pino pinaster.
Ademais en todas as zonas de actuación procedeuse a una limpeza e roza manual de maleza e matorral da zona comprendida dentro do valado e dunha franxa no perímetro exterior con recollida e transporte dos restos a vertedoiro.
PANEIS DE MADEIRA E CALCOS
Dispuxéronse paneis de madeira cunhas dimensións totais de 110 x 99 cm. sobre soportes de madeira de 10 x 10 cm. de sección, dispoñendo unha lamina de vinilo impresa co escudo e nome do Concello así como o do petróglifo. Estes paneis colocáronse na zona de accesos no valado. Tamén se dispuxeron unhas placas de sinalización sobre as pasarelas realizadas en madeira de tamaño A5 con calcos indicativos dos distintos elementos impreso sobre vinilo e protexidas con metacrilato.