O CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO COMUNICA A OBRIGA DE RETIRAR A MADEIRA DAS MARXES DAS PISTAS MUNICIPAIS EN ZONAS DECLARADAS DE MÁXIMO RISCO DE INCENDIO
O Concello de Campo Lameiro avisa aos propietarios das fincas lindeiras coas pistas municipais nas que se xestionará a biomasa nun ancho de 4 metros a cada beira por mor de estar situadas en zonas declaradas como perímetro de alto risco de incendio, que poden retirar a madeira antes de que lles notifique a Xunta.
No caso de que reciban unha notificación da Xunta terán un prazo de 30 días para retirar a madeira. Pasado ese prazo, Seaga fará o decomiso desa madeira ao amparo da Lei 3/2007 de Incendios de Galicia e Lei 7/2012 de Montes de Galicia.
Esta actuación enmárcase dentro do convenio de colaboración subscrito entre a Xunta, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, xestión de biomasa en faixas secundarias.
As especies que se eliminarán serán eucaliptos, piñeiros e acacias, así como a roza de matogueira.
PARA CALQUERA CONSULTA PODEN DIRIXIRSE AO TÉCNICO FORESTAL NO CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO. Teléfono 986 75 20 34.
Consulta aquí as parcelas afectadas: