Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO CONVOCA VARIOS CONCURSOS DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ PARA FOMENTA-LO APOIO AO COMERCIO LOCAL NESTE NADAL

O Concello de Campo Lameiro centrará toda a campaña de Nadal deste ano en apoiar ao comercio local a través da posta en marcha de varios concursos que terán como principal aliciente a entrega de cheques regalo que deberán ser canxeados nos establecementos comerciais do municipio antes do 10 de xaneiro.

O alcalde, Carlos Costa, e o seu grupo de goberno decidiron este ano centrar toda a actividade de Nadal en promocionar e botar unha man ao comercio local a través de iniciativas de participación cidadá que leven parella o impulso de iniciativas de apoio aos comerciantes que nesta época de pandemia están a sofrir os efectos colaterais da Covid-19.

Así, o Concello de Campo Lameiro a través das concellerías de Festas, Cultura e Comercio convoca o I concurso de Postais, de decoración interior e exterior de vivendas, de decoración de escaparates comerciais de Nadal do municipio co obxecto de fomentar a participación cidadá no embelecemento do municipio, facendo cómplices a comerciantes e veciñanza da imaxe de Campo Lameiro, implicar ós mais cativos no dibuxo da postal de nadal que a gañadora será a postal oficial de felicitación do Concello, así como a toda a veciñanza a enviar a súa felicitación para as festas de nadal e para a saída e entrada do aninovo.

Mediante este concurso preténdese promover a creatividade e o bo humor no Nadal, así como fomentas o aspecto artístico e carácter tradicional. Para promover o interese e a participación, e para un maior realce do concurso, o Concello concederá premios económicos aos participantes que resulten gañadores para apoiaró comercio local, e un maletín de debuxo ó gañad@r da postal.

Poderán participar no concurso de Decoración interior, decoración exterior e decoración comerciais e por tanto, poderán ser beneficiarios nos termos establecidos nas bases: vivendas, comercios ou negocios que estean ubicados no termo municipal de Campo Lameiro. Só poderán participar os empadroados e maiores de 18 anos. No concurso de Postais de Nadal poderán optar ao premio todos os cativos ata 14 anos empadroados no concello.

No concurso de Felicitación de Nadal e Despedida do ano 2020 e entrada no Aninovo con vídeomensaxes, poderán participar todos os empadroados no concello sin límite de idade. Para poder participar será necesario enviar a foto, debuxo ou vídeo ó correo electrónico info@campolameiro.com , nas datas que se establecen nas categorías.

CATEGORÍAS E MODALIDADES

Establécense seis categorías para poder concursar que son as seguintes:

  • CONCURSO “ RECUNCHO DE NADAL”

Establécese unha modalidade e valorarase en conxunto a mellor decoración interior dun espazo da vivenda decorado con motivos de Nadal. Poderán participar todos os empadroados no concello que sexan maiores de 18 anos. Para participar terán que enviar una foto ó correo electrónico info@campolameiro.com co asunto “Recuncho de Nadal” e no corpo do correo indicar o nome, apelidos, domicilio e teléfono da persoa concursante. So se admitirá 1 foto por persoa empadroada. O prazo para participar no concurso será ata o 20 de decembro.

  • CONCURSO “UN NADAL PARA SOÑAR”

Establécese unha modalidade e valorarase en conxunto a mellor decoración exterior das vivendas e xardíns de modo que esta decoración sea totalmente visible dende a vía pública. Poderán participar todos os empadroados no concello que sexan maiores de 18 anos. Para participar terán que enviar una foto ó correo electrónico info@campolameiro.com co asunto “Un nadal para Soñar” e no corpo do correo indicar o nome, apelidos, domicilio e teléfono da persoa concursante. So se admitirá 1 foto por persoa empadroada. O prazo para participar remata o 20 de decembro.

  • CONCURSO “ DECORACIÓN ESCAPARATES DO COMERCIO LOCAL”

Establécese unha modalidade e valorarase en conxunto ó mellor escaparate e interior do establecemento participante. O establecemento participante deberá decorar o seu escaparate e interior co ambiente propio de nadal. Poderán participar todos os comercios e/ou negocios ubicados no termo municipal. Para participar terán que enviar una foto ó correo electrónico info@campolameiro.com co asunto “Decoración de Escaparates do comercio local” e no corpo do correo indicar o nome do establecemento e representante así como un teléfono de contacto. So se admitirá 1 foto por establecemento. O prazo para participar finaliza o 20 de decembro.

  • CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Establécese unha modalidade e valorarase en conxunto orixinalidade, creatividade, deseño do debuxo de Nadal. O debuxo gañador será empregado para a postal oficial de felicitación do concello. Poderán participar todos os cativos ata 14 anos empadroados no concello. Terán que enviar o debuxo antes do 6 de decembro ó correo electrónico info@campolameiro.com co asunto “Concurso de Postais” e no corpo do correo indicar o nome, apelidos, domicilio da persoa concursante e un teléfono do pai, nai ou titor do menor. So se admitirá 1 foto por nen@ empadroado.

  • CONCURSO “ FELICITACION DE NADAL EN VÍDEO”

Establécese unha modalidade e valorarase en conxunto a orixinalidade e o bo humor. A duración do vídeo non pode ser maior de 60 segundos e o formato é obrigatorio en horizontal. Poderán participar todos os empadroados no concello sin límite de idade. Para participar terán que enviar un vídeo ó correo electrónico info@campolameiro.com co asunto “Felicitación de Nadal” e no corpo do correo indicar o nome, apelidos, domicilio e teléfono da persoa concursante. So se admitirá 1 vídeo por persoa empadroada. O prazo para participar no concurso remata o 20 de decembro.

  • CONCURSO “DESPEDIDA DO ANO 2020 E ENTRADA NO ANINOVO”

Establécese unha modalidade e valorarase en conxuntoa orixinalidade e o bo humor. A duración do vídeo non pode ser maior de 60 segundos e o formato é obrigatorio en horizontal facendo unha despedida do 2020 e unha benvida ao 2021. Poderán participar todos os empadroados no concello sin límite de idade. Para participar terán que enviar un vídeo ó correo electrónico info@campolameiro.com co asunto “Despedida do ano 2020 e entrada no aninovo” e no corpo do correo indicar o nome, apelidos, domicilio e teléfono da persoa concursante. So se admitirá 1 vídeo por persoa empadroada. O prazo para participar exténdese ata o 27 de decembro.

PREMIOS PARA OS DISTINTOS CONCURSOS

O Concello dedicará unha partidas económica de 1.000 euros para a concesión de premios ós participantes no I Concurso de Postais, de Decoración interior e exterior de vivendas, de decoración de escaparates de comercios locais, e de felicitacions de nadal e aninovo.

Establécense os seguintes premios por categoría e modalidade:

1º – CONCURSO RECUNCHO DE NADAL

  • 1º PREMIO: Vale de 100 euros para canxear no comercio local.
  • 2º PREMIO: Vale de 75 euros para canxear no comercio local.
  • 3º PREMIO: Vale de 50 euros para canxear no comercio local.

2º – CONCURSO UN NADAL PARA SOÑAR

  • 1º PREMIO: Vale de 100 euros para canxear no comercio local.
  • 2º PREMIO: Vale de 75 euros para canxear no comercio local.
  • 3º PREMIO: Vale de 50 euros para canxear no comercio local.

3º – CONCURSO “DECORACION ESCAPARATES DE NADAL “

  • PREMIO UNICO: Vale de 100 euros para canxear no comercio local.

4º – CONCURSO DE POSTAIS

  • O gañador levara un maletín de cores.
  • Unha bolsa de gominolas para cada participante.

5º – CONCURSO FELICITACION DE NADAL

  • 1º PREMIO: Vale de 100 euros para canxear no comercio local.
  • 2º PREMIO: Vale de 75 euros para canxear no comercio local.
  • 3º PREMIO: Vale de 50 euros para canxear no comercio local.

6º – CONCURSO DESPEDIDA DO ANO 20 E ENTRADA NO ANINOVO

  • 1º PREMIO: Vale de 100 euros para canxear no comercio local.
  • 2º PREMIO: Vale de 75 euros para canxear no comercio local.
  • 3º PREMIO: Vale de 50 euros para canxear no comercio local.

O Concello emitirá os bonos de compra ás persoas premiadas. As persoas beneficiarias dos bonos poderán solicitar una fragmentación da contía total en bonos de cantidades inferiores, sempre en cifras redondeadas e nunca inferiores a 25 euros.

BASES DEFINITIVAS CONCURSO DE POSTAIS, DE CORACIÓN INTERIOR E EXTERIOR DE NADAL

Back to top