Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

CARLOS COSTA

Aproveitando a oportunidade que se nos brinda, presentamos a Páxina Oficial do Concello de CAMPO LAMEIRO, na que pretendemos mostrar unha visión xeral e real do noso entorno, as nosas xentes, o noso pasado e achanzar o camiño para xeracións vindeiras, consolidando o noso patrimonio e traballando con visión de futuro en novas infraestruturas.

Precisamente por iso temos un especial motivo de alegría ao darvos a benvida a esta “viaxe” por CAMPO LAMEIRO, e da que estamos seguros que quedaredes satisfeitos.

Para calquera arqueólogo, investigador, ou persoa atraída polas gravadas rupestres, CAMPO LAMEIRO, é visita obrigada.

Posúe o museo ao aire libre máis importante de Galicia. Numerosas rochas de granito conservan a testemuña das manifestacións artísticas do primitivo home galego. Ao pousarnos os ollos nos segredos dos petróglifos, sentimos que o pasado revive en nós, como podería revivir en calquera investigador forasteiro. Alí está o pensamento dos nosos antergos…

Sendo o noso concello depositario de tan magna riqueza cultural, temos a obriga moral de perpetuala, conservala e dala a coñecer: Un pobo faise cando se conciencia do seu propio ser e saber.

Un saúdo, Carlos Costa
Alcalde de Campo Lameiro

Back to top