NOVO CORTE DE AUGA NOCTURNO ENTRE AS 00:00 HORAS E AS SEIS DA MADRUGADA
O Concello de Campo Lameiro volverá a acometer un novo corte nocturno no subministro de auga despois de que os técnicos valoraran a capacidade de recuperación das reservas hídricas municipais.
Esta será a terceira vez consecutiva que o Concello ten que recurrir a esta medida de excepcionalidade e urxencia pero, seguindo as recomendacións dos técnicos, vese na obriga de acometer un novo corte co fin de garantir o subministro ás vivendas durante as máximas horas posibles.
O corte levarase desde as 00:00 horas ata as 6:00 da madrugada co fin de provocar o menor perjuicio e molestia posible e a unhas horas onde a incidencia do consumo é moitísimo menor.
O alcalde, Carlos Costa, lembra á veciñanza que ESTÁ TERMINANTEMENTE PROHIBIDO O USO DA AUGA DA TRAÍDA PARA ENCHER PISCINAS, LAVAR COCHES, REGAR XARDÍNS, HORTOS, ETC. Só se pode utilizar esta auga PARA USO DOMÉSTICO.
O rexedor prégalle á veciñanza comprensión e chama á concienciación cidadá para que se faga un uso responsable da auga para facilitar a pronta recuperación e normalización do servizo ao tempo que fai un chamamento á solidariedade veciñal e á resposabilidade de todos para que o uso da auga se faga por auténtica necesidade e con eficiencia.