COMEZA A EMITIRSE A TRAVÉS DAS OFICINAS DE ABANCA A TARXETA “XENTE NOVA” CON VIAXES GRATIS EN AUTOBÚS DO TRASPORTE PÚBLICO DEPENDENTE DA XUNTA
A tarxeta Xente Nova comezou xa a emitirse en 13 concellos da área de Pontevedra, onde os menores de 21 anos poderán empregala a partir de 15 de xuño , o que lles permitirá realizar viaxes gratis no transporte público dependente da Xunta.
Os concellos da comarca incluídos nesta iniciativa son os de Pontevedra, Poio, Ponte Caldelas, Marín, Vilaboa, Soutomaior, Bueu, Sanxenxo, Barro, Moraña, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade e A Lama.
O comezo desta medida estaba previsto para mediados de marzo, pero tivo que atrasarse pola declaración do estado de alarma. Reactívase agora que a situación sanitaria permíteo, de forma coherente coa paulatina recuperación do transporte público.
Desde o pasado mércores as oficinas de Abanca habilitadas comezarán a emitir as tarxetas, que os menores de 21 anos poderán empregar a partir do día 15.
Para conseguila é necesario solicitar unha cita previa na oficina e os menores de idade deberán ir acompañados dun dos seus proxenitores.
Funcionan como unha tarxeta moedeiro e non precisan ter unha conta asociada aínda que deben ter un saldo inicial para empezar a viaxar. Posteriormente irá reembolsándose cada 15 días o importe das viaxes realizadas, ata un máximo de 60 viaxes mensuais.
Para facilitar o pago seguro e evitar contagios, os maiores de 21 anos poderán empregar a Tarxeta do Transporte Metropolitano de Galicia. Tamén se pode solicitar desde este mércores nas oficinas habilitadas e comezar a empregala desde o 15 de xuño.