A XUNTA REANUDA O PRAZO PARA SOLICITARA AS AXUDAS PARA A OBTENCIÓN DOS PERMISOS DE CONDUCIR CLASES “B” E “C”
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca axudas para a obtención dos permisos de condución clases B e C por parte das persoas mozas residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e a súa empregabilidade.
CONTÍA DAS AXUDAS:
O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B e de 650 € para o permiso de clase C.
O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención de ambos permisos.
Xuventude fará anticipos de pagamento do oitenta por cento da axuda.
REQUISITOS DAS PERSOAS SOLICITANTES:
– Ter cumpridos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención do permiso de clase C.
– Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
– Estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e figurar como beneficiaria no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
– Estar matriculadas nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/s permiso/s para o/s que se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2020 e a data de presentación da solicitude.
OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS:
– Obter o permiso de condución para o que se solicitou a axuda entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 15 de outubro de 2020 e acreditalo.
As solicitudes presentaranse preferiblemente en https://sede.xunta.es co procedemento BS321A
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de xullo de 2020.
Máis información no DOG do 9 de marzo de 2020
Temporalmente, mentres dure o estado de alarma podes inscribirte online:
http://xuventude.xunta.es/component/…/18612-garantia-xuvenil