Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

XORNADAS TÉCNICAS “PREVENCIÓN DOS INCENDIOS FORESTAIS NOS NÚCLEOS RURAIS”

O Distrito Forestal XIX (Caldas – O Salnés ) en colaboración co Concello de Campo Lameiro organiza  XORNADAS TÉCNICAS “PREVENCIÓN DOS INCENDIOS FORESTAIS NOS NÚCLEOS RURAIS” dentro do Plan de Transferencia  para o apoio ás actividades de demostración e de información ao agro galego.

DATA :  07 de novembro de 16:30 a 21:00

OBXECTIVOS

  • Explicar a normativa en materia de prevención de incendios forestais
  • Concienciar para a posta en práctica das medidas de prevención e autoprotección en materia de incendios forestais
  • Fomentar a xestión conxunta entre os propietarios dos minifundios forestais ao través de figuras como as SOFOR.
  • Fomentar a valorización do monte e dar a coñecer as consecuencias e os efectos dos incendios.

DESTINATARIOS

Preferentemente  propietarios forestais,  comuneiros  e demais  propietarios forestais da zona.

Outras persoas ou entidades dos citados a quen vai dirixido ata completar aforo:

  • Persoal técnico con interese no eido forestal e ambiental.
  • Traballadores de empresas forestais e de medio ambiente. Mozos/as agricultores/as (que non teñan cumpridos 41 anos). Mulleres do medio rural (de máis de 41 anos).
  • Persoas que se incorporen ao sector primario maiores de 41 anos.
  • Agricultor/a activo/a.

PROGRAMA

A problemática dos incendios forestais da zona. As zonas de alto risco, As épocas de perigo alto e o índice de risco diario de incendios forestais. Principais limitacións en función destes parámetros. (0,5 horas).

As comunicacións e autorizacións de queima. Procedemento de solicitudes e prescripcións técnicas no emprego do fogo. Alternativas á utilización do lume como ferramenta para a xestión da biomasa. (0,5 horas)

A xestión da biomasa no perímetro dos núcleos rurais. Obrigas en función da distancia as edificacións e prescricións técnicas de xestión. (1 hora)

A xestión conxunta da propiedade forestal para maior valoración do monte. Aproximación as asociacións de propietarios e as sociedades de fomento forestal.  (0,5 horas)

As medidas de autoprotección das edificacións próximas ao monte. Qué facer cando se detecta un incendio. Sistemas de alerta. (0,5 horas).

As normas de actuación cando o incendio afecte ao núcleo de poboación:  confinamento na casa, protección activa da casa, evacuación da vivencia, colaboración cos servizos de extinción. (0,5 horas).

Recomendacións de como actuar cando un incendio nos sorprende  no medio natural ou dentro do coche. (0,5 horas)

LUGAR:

Centro Sociocultural Sobrino Buhigas.
Rúa Bernardo Sagasta. (36110), Campo Lameiro – Pontevedra
Tlf.: 986 752 034

INSCRICIÓN

Inscrición previa e gratuíta ata o día 05 de novembro de 2019.
Enviar correo electrónico indicando os datos personais dos solicitantes e a edición do curso solicitado ao enderezo de correo: distrito.forestal19@xunta.gal
Teléfono información: 886 159 587
Aforo limitado.
Reserva de prazas por orde de inscrición e criterios preferentes dos destinatarios.

diptico_ Campo Lameiro_c

CARTEL DO CURSO

Formulario solicitude

Back to top