PROGRAMA LABORA 2020
Labora 2020 é un proxecto da Deputación de Pontevedra cofinanciado polo Fondo Social Europeo que pretende a posta en marcha de itinerarios integrados e personalizados para a mellora da formación e a empregabilidade das persoas desempregadas, respondendo a necesidades locais xeradoras de emprego nos sectores con maiores oportunidades de crecemento e creación de emprego.
- Bases de selección (BOPPO 01/10/2019)
OBXECTIVOS
É un proxecto da Deputación de Pontevedra, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Social Europeo (FSE), dirixido a 855 persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego da provincia de Pontevedra para a mellora da súa formación e empregabilidade a través de itinerarios personalizados.
Que me ofrece o proxecto Labora 2020?
Participar en itinerarios integrados de inserción sociolaboral que incluirán:
- Orientación laboral e titorías individuais
- Formación específica para a obtención de certificados de profesionalidade ou acreditación de competencias clave nivel 2
- Práctica profesional titorizada correspondente a formación específica en contornos reais de traballo
- Formación transversal en igualdade de oportunidades, igualdade de trato, non discriminación e loita contra a exclusión social; desenvolvemento sostible, respecto e coidado do medio
- Formación complementaria: procura de emprego, fomento do emprendemento e autoemprego
A quen vai dirixido o proxecto Labora 2020?
Ás persoas desempregadas que pertenzan a colectivos vulnerables, indicados como tal na convocatoria de 2018 de axudas do Fondo Social Europeo (FSE), previstas no Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación (POEFE), destinadas a entidades locais para a inserción das persoas máis vulnerables (AP-POEFE):
- Persoas desempregadas de longa duración (PDL)
- Mozas e mozos menores de 30 anos non atendidos no Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX)
- Persoas maiores de 55 anos
- Persoas con certificado de discapacidade
- Persoas inmigrantes
- Minorías étnicas e comunidades marxinadas
- Outros colectivos desfavorecidos: persoas que viven en fogares compostos por unha única persoa adulta con fillas ou fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero, vítimas de discriminación por orixe racial ou étnica, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e exreclusas; persoas perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar
- Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos servizos sociais
- Solicitando a formación correspondente na túa oficina do Servizo Público de Emprego (SPEG) ou no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://emprego.xunta.gal) coas túas claves de acceso
- Realizando a preinscrición, segundo o modelo establecido no anexo I “Solicitude de participación”, que estará dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal) e que se presentará preferentemente por vía electrónica
- Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe)
- Opcionalmente, aquelas persoas solicitantes non obrigadas á presentación electrónica poderán preinscribirse de forma presencial, descargando o formulario dispoñible na sede electrónica, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común
As solicitudes de preinscrición poderán presentarse respectando os prazos indicados na páxina web (http://depo.gal/labora-2020) para cada acción formativa.
Existe algunha axuda económica por participar neste programa?
O proxecto Labora 2020 conta cunha axuda económica para as persoas formadas que cubre os gastos de asistencia á formación, transporte, manutención, aloxamento e conciliación co coidado de familiares. Este importe é de 13,45 € (por persoa e día de asistencia) e aboarase logo de comprobar a asistencia á formación.
Esta axuda está condicionada á asistencia. As ausencias non poderán superar o 10 % do total da acción formativa; no caso de superar esa porcentaxe deberase devolver todo o importe percibido.
Estou cobrando unha prestación social (RISGA), teño dereito á axuda por participación?
As axudas percibidas por prestacións sociais públicas ou de asistencia social serán compatibles coa axuda económica. Este requisito comprobarase ao inicio da acción formativa.
Teño dereito á axuda económica se estou cobrando prestacións ou subsidios por desemprego?
Terás dereito á axuda económica dependendo da contía da prestación ou subsidio que esteas a percibir.
Terás dereito a recibir a axuda económica se careces de rendas ou ingresos de calquera natureza, iguais ou superiores en cómputo mensual ao 75 % do Indicador Público de Rendas de Efectos Múltiples (IPREM).
É necesario cumprir algún requisito formativo/educativo para realizar esta formación?
Para realizar a formación en Competencias Clave non é necesario cumprir ningún requisito formativo/educativo.
O resto dos itinerarios formativos están asociados á obtención do certificado de profesionalidade correspondente, polo que o alumnado deberá acreditar os requisitos esixidos no artigo 4 do R. d. 34/2008, de 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade:
- Nivel 1: sen requisitos formativos nin profesionais
- Nivel 2: estar en posesión do título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria. Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade ao que desexa acceder. Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional. Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio, ou ben ter superado as correspondentes probas de acceso convocadas polas administracións educativas. Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou 45 anos. Ter o certificado de apta ou apto nas competencias necesarias para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación correspondente.
- Nivel 3: estar en posesión do título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria. Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade ao que desexa acceder. Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional. Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio, ou ben ter superado as correspondentes probas de acceso convocadas polas administracións educativas. Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou 45 anos. Ter o certificado de apta ou apto nas competencias necesarias para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación correspondente.
Esta formación ten certificación oficial?
O Instituto Galego das Cualificacións da Xunta de Galicia será o que expida a acreditación do correspondente certificado de profesionalidade, sempre que se cumpran os requisitos formativos/educativos esixidos no certificado con anterioridade ao inicio da acción formativa e se superen todos os módulos correspondentes á formación específica e á realización das prácticas profesionais. A formación que se impartirá en cada un dos itinerarios do proxecto está asociada á obtención do certificado de profesionalidade correspondente ou á obtención de Competencias Clave do Nivel 2.
Que accións formativas podo realizar?
Accións formativas | Localidades | Nivel |
---|---|---|
Inicio: a partir de outubro de 2019 | ||
Competencias Clave do Nivel 2 (Lingua Galega, Lingua Castelá e Matemáticas) | Cangas, Lalín, Pontevedra (2), O Porriño, Vigo (2) e Vilagarcía de Arousa | N/A |
Actividades Auxiliares de Almacén | Barro, Cambados, Lalín e O Porriño | Nivel 1 |
Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes | Tomiño (2) | Nivel 1 |
Limpeza de Superficies e Mobiliario en Edificios e Locais | O Grove, Ponteareas e Vigo | Nivel 1 |
Operacións Básicas de Restaurante e Bar | Cambados, Soutomaior e Vigo (2) | Nivel 1 |
Dinamización de Actividades de Tempo de Lecer, Educativo, Infantil e Xuvenil | O Grove, Pontevedra (2) e Vigo (2) | Nivel 2 |
Socorrismo en Instalacións Acuáticas | Pontevedra y Vigo | Nivel 2 |
Inicio: a partir de 2020 | ||
Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais | Cambados, Lalín, Moaña, Mos, Pontevedra (2) e Vigo (2) | Nivel 2 |
Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio | Mos, O Porriño, Pontevedra (2), Valga, Vigo (3) | Nivel 2 |
Xestión de Chamadas de Teleasistencia | Cangas, Pontevedra (2) e Vigo (2) | Nivel 2 |
Docencia da Formación Profesional para o Emprego | A Guarda , Cangas, Lalín, Pontevedra (2), Vigo (2) e Vilagarcía de Arousa | Nivel 3 |
Podo ter ausencias durante a formación?
A asistencia é obrigatoria; as horas de ausencias non poden superar o 10 % das horas totais do itinerario.
Que sucede se as ausencias superan o 10 % das horas totais do itinerario?
As persoas beneficiarias que teñan faltas de asistencia superiores ao 10 % das horas totais do itinerario ou abandonen a formación deberán devolver o importe da axuda percibida.
As ausencias superiores ao 25 % das horas da formación teórica suporán a baixa na formación.
É obrigatorio asistir á formación transversal?
A formación transversal en igualdade, desenvolvemento sostible, busca de emprego, fomento do emprendemento e autoemprego é obrigatoria para todas as persoas participantes, xa que forma parte dos itinerarios formativos.
É compatible ter un emprego coa formación?
As persoas beneficiarias que obteñan un contrato de traballo temporal a tempo parcial durante o período formativo non causarán baixa no itinerario sempre que poidan compatibilizar o traballo co horario do programa formativo.
É compatible participar no proxecto Labora 2020 e recibir outra formación?
O proxecto Labora 2020 é compatible con outra formación sempre que o horario o permita. Haberá que ter en conta outras incompatibilidades coma a participación en programas de formación subvencionada ou programas de políticas activas de emprego.
Máis información
- Correo electrónico : labora2020@depo.es
- Teléfono: 986 804 100, extensión 40846
Itinerarios formativos
Os itinerarios a desenvolver dentro do proxecto Labora 2020 son os seguintes:
ITINERARIOS FORMATIVOS |
PARTICIPANTES |
Competencias clave N2 (galego, lingua e matemáticas)+ formación complementaria +formación transversal+ titorias. | 120 |
Nivel 1 | |
Actividades auxiliares de almacén+ formación complementaria + formación transversal+ prácticas non laborais+ titorias. | 60 |
Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes+ formación complementaria +formación transversal+ prácticas non laborais+ titorias. |
30 |
Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais +formación
complementaria+formación transversal+ prácticas non laborais+ titorias. |
45 |
Operacións básicas de restaurante bar+ formación complementaria+ formación transversal +prácticas non laborais+ titorias. | 60 |
Nivel2 | |
Atención sociosanitaria a persoas no domicilio. +formación complementaria+ formación transversal+ prácticas non laborais+ titorias . | 120 |
Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais + formación complementaria+ formación transversal+ prácticas non laborais+ titorias. |
120 |
Dinamización de actividades de tempo libre educativo, infantil e xuvenil+ formación complementaria+ formación transversal+ prácticas non laborais+ titorias. |
75 |
Socorrismo en instalacións acuáticas+ formación complementaria + formación transversal+ prácticas non laborais+ titorias. | 30 |
Xestión de chamadas de teleasistencia +formación complementaria + formación transversal+ prácticas non laborais+ titorias. | 75 |
Nivel3 | |
Docencia da formación profesional para o emprego +formación
complementaria+ formación transversal+ prácticas non laborais+ titorias. |
120 |
Primeira edición formativa
Os itinerarios formativos terán diferentes edicións. A primeira edición desenvolveranse aproximadamente a partir do mes de novembro de 2019 e serán as seguintes:
ESPECIALIDADE FORMATIVA | LOCALIDADE | DURACIÓN | ||
FCOV22 FCOV23 FCOVXX01 |
Competencias clave N2
Castelán Matemáticas Galego |
Cangas |
292h |
|
Lalín | ||||
Pontevedra (2 edicións) | ||||
Porriño | ||||
Vilagarcía | ||||
Vigo (2 edicións) | ||||
COML0110 | Actividades auxiliares de almacén Nivel: 1 | Barro |
242h |
|
Cambados | ||||
O Porriño | ||||
Lalín | ||||
AGAR0309 | Actividades auxiliares en conservación e mellara de montes
Nivel:1 |
Tomiño
(2 edicións) |
302h |
|
HOTR0208 | Operacións básicas de restaurante bar Nivel: 1 | Cambados |
352h |
|
Soutomaior |
||||
Vigo (2 edicións) | ||||
SSCM0108 | Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais
Nivel:1 |
O Grove |
262h |
|
Pontea reas | ||||
Vigo | ||||
SSCB0209 | Dinamización de actividades de tempo libre educativo, infantil e xuvenil
Nivel: 2 |
O Grove |
342h |
|
Pontevedra (2
edicións) |
||||
Vigo (2 edicións) | ||||
AFDP0109 | Socorrismo en instalacións acuáticas Nivel: 2 | Pontevedra |
402h |
|
Vigo |