PROGRAMA DE INCENTIVOS Á ACTIVIDADE LABORAL VINCULADA ÁS ACCIÓNS FORMATIVAS CON COMPROMISO DE CONTRATACIÓN INMEDIATA
A continuación descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Orde do 13 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2019-2021 e se procede á primeira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para os exercicios 2019-2020 (código de procedemento TR301P), e se establecen as bases do Programa de incentivos á actividade laboral vinculada ás accións formativas con compromiso de contratación inmediata para os exercicios 2020-2021 (código de procedemento TR349X) (DOG nº 169 do 6 de setembro de 2019).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190906/AnuncioG0424-220819-0001_gl.html
OBXECTO
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e durante o período 2019-2021, a convocatoria pública das subvencións para o financiamento das accións formativas para o emprego en unidades formativas nas empresas con compromiso de contratación e da actividade laboral asociada dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas, a través do seguinte programa:
Programa de incentivos á actividade laboral vinculada ás accións formativas con compromiso de contratación inmediata (TR349X)
ACCIÓNS SUBVENCIONABLES
Serán subvencionables durante o ano 2019 as contratacións laborais realizadas ao abeiro do Programa de incentivos á actividade laboral vinculada ás accións formativas con compromiso de contratación inmediata (TR349X), nos termos da Orde do 7 de decembro de 2018 pola que se procede á terceira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas (código de procedemento TR301P) e á segunda convocatoria dos incentivos á contratación vinculados (código de procedemento TR349X), publicada no DOG núm. 246, do 27 de decembro de 2018.
Contratación indefinida inicial
Requisitos:
1.- Como consecuencia da contratación indefinida inicial pola que se solicita subvención ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa, no ámbito territorial de Galicia, respecto ao mes anterior ao mes de realización da contratación pola cal se solicita subvención.
2.- Como consecuencia da contratación indefinida que se fomenta ten que incrementarse o emprego neto da empresa no ámbito territorial de Galicia, respecto ao mes anterior ao mes de realización da contratación pola cal se solicita subvención.
Contías dos incentivos
1.-As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de 7.000 euros.
2.- A contía do incentivo será de 8.000 euros cando a persoa desempregada se atope nalgún dos seguintes colectivos, que non serán acumulables:
- Persoas desempregadas de longa duración.
- Persoas desempregadas con discapacidade.
- Persoas desempregadas que se atopen en situación ou risco de exclusión social.
3.- Estas contías incrementaranse nas porcentaxes que se sinalan a continuación, que son acumulables entre si:
- Un 25 % se a persoa incorporada é unha muller.
- Un 25 % no caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural.
- Un 25 % no suposto de persoas maiores de 45 anos.
- Un 25 % se a persoa incorporada é un emigrante retornado.
- Un 25 % no caso de persoas trans.
Incentivos á contratación temporal
Requisitos:
- Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación a todas as modalidades contractuais de carácter temporal, excluído o contrato para a formación e aprendizaxe.
- Os contratos temporais terán unha duración inicial mínima de 12 meses.
- Como consecuencia da contratación temporal pola que se solicita a subvención ten que incrementarse o emprego neto da entidade solicitante no ámbito territorial de Galicia respecto ao mes anterior ao mes de realización da contratación pola que se solicita a subvención.
Contías dos incentivos
- Os contratos temporais incentivaranse cunha axuda de 2.000 euros.
- A contía do incentivo será de 3.000 euros cando a persoa desempregada se atope nalgún dos seguintes colectivos, que non serán acumulables:
- Persoas desempregadas de longa duración.
- Persoas desempregadas con discapacidade.
- Persoas desempregadas que se atopen en situación ou risco de exclusión social.
- Estas contías incrementaranse nas porcentaxes que se sinalan a continuación, que son acumulables entre si:

Requisitos

A QUEN VAI DIRIXIDO
- Poderán ser entidades beneficiarias as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, e as agrupacións temporais de empresas que presenten solicitude conxunta, mediante un convenio que acredite a correspondente agrupación.
- De conformidade co artigo 28.1 do Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, polo que se desenvolve a Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, poderán ser beneficiarias as empresas que sexan entidades de formación acreditadas e/ou inscritas, pola administración pública competente, para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral en Galicia, caso en que poderán asumir o compromiso de contratación mediante acordos ou convenios con outras empresas que efectuarán a contratación laboral. Nestes supostos, será a entidade de formación beneficiaria a que asuma a responsabilidade da execución da actividade formativa subvencionada e do cumprimento do compromiso de contratación.
PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
O prazo para a presentación das solicitudes das axudas establecidas neste capítulo será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente convocatoria.
O prazo de presentación de solicitudes abrese o 7 de setembro e remata o 7 de outubro de 2019.
NORMATIVA
Orde do 13 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2019-2021 e se procede á primeira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para os exercicios 2019-2020 (código de procedemento TR301P), e se establecen as bases do Programa de incentivos á actividade laboral vinculada ás accións formativas con compromiso de contratación inmediata para os exercicios 2020-2021 (código de procedemento TR349X) (DOG nº 169 do 6 de setembro de 2019).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190906/AnuncioG0424-220819-0001_gl.html