Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ACCIÓNS FORMATIVAS CON COMPROMISO DE CONTRATACIÓN DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS DESEMPREGADAS.

A continuación descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Orde do 13 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2019-2021 e se procede á primeira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para os exercicios 2019-2020 (código de procedemento TR301P), e se establecen as bases do Programa de incentivos á actividade laboral vinculada ás accións formativas con compromiso de contratación inmediata para os exercicios 2020-2021 (código de procedemento TR349X) (DOG nº 169 do 6 de setembro de 2019).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190906/AnuncioG0424-220819-0001_gl.html

OBXECTO

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e durante o período 2019-2021, a convocatoria pública das subvencións para o financiamento das accións formativas para o emprego en unidades formativas nas empresas con compromiso de contratación e da actividade laboral asociada dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas, a través do seguinte programa:

 Programa de financiamento de accións formativas con compromiso de contratación inmediata (TR301P).

As bases reguladoras  son as que constan na Orde do 31 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á primeira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas e dos incentivos á contratación.

ACCIÓNS SUBVENCIONABLES

Serán subvencionables ao abeiro deste programa,  as accións formativas para o emprego con compromiso de contratación que garden relación coa actividade empresarial das entidades solicitantes, dirixidas a persoas traballadoras desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia e que inclúan o compromiso de contratación na Comunidade Autónoma de Galicia nalgunha das modalidades enunciadas no capítulo III dun mínimo do 40 % do alumnado formado, por un período mínimo de seis meses a xornada completa, ou 9 meses no caso de que a contratación sexa a tempo parcial. Neste último caso, o mínimo da xornada será do 50 % da correspondente a unha persoa traballadora a tempo completo comparable. No suposto de subscribir un contrato para a formación e a aprendizaxe, a xornada de traballo será a tempo completo e a duración mínima do contrato será de 12 meses.

DETERMINACIÓN DAS SUBVENCIÓNS PARA A ACCIÓN FORMATIVA

As accións formativas impartidas ao abeiro desta orde serán obxecto de subvención para compensar os custos derivados da súa execución.

Consideraranse custos subvencionables aqueles que de xeito indubitado estean relacionados coa actividade obxecto da subvención, resulten estritamente precisos para a súa execución e teñan sido contraídos durante o período de execución establecido para a realización da actividade obxecto da axuda.

A QUEN VAI DIRIXIDO

  1. Poderán ser entidades beneficiarias as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, e as agrupacións temporais de empresas que presenten solicitude conxunta, mediante un convenio que acredite a correspondente agrupación.
  2. De conformidade co artigo 28.1 do Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, polo que se desenvolve a Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, poderán ser beneficiarias as empresas que sexan entidades de formación acreditadas e/ou inscritas, pola administración pública competente, para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral en Galicia, caso en que poderán asumir o compromiso de contratación mediante acordos ou convenios con outras empresas que efectuarán a contratación laboral. Nestes supostos, será a entidade de formación beneficiaria a que asuma a responsabilidade da execución da actividade formativa subvencionada e do cumprimento do compromiso de contratación.

PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

O prazo para a presentación das solicitudes das axudas establecidas neste capítulo será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes  abrese o 7 de setembro e remata o 7 de outubro  de 2019.

NORMATIVA

Orde do 13 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2019-2021 e se procede á primeira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para os exercicios 2019-2020 (código de procedemento TR301P), e se establecen as bases do Programa de incentivos á actividade laboral vinculada ás accións formativas con compromiso de contratación inmediata para os exercicios 2020-2021 (código de procedemento TR349X) (DOG nº 169 do 6 de setembro de 2019).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190906/AnuncioG0424-220819-0001_gl.html

 

Back to top