Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

REMATE DAS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DO CONXUNTO DE LAVADOIROS DE A LAGOA

O Concello de Campo Lameiro rematou as obras “ACONDICIONAMENTO CONXUNTO LAVADOIROS EN A LAGOA”, que foron acometidas pola empresa Ecomir Construcciones y Contratas cun orzamento de 6.799,99 euros e con cargo ás Subvencións de Rehabilitación e Sinalización do Patrimonio Histórico – Cultural 2018 da Deputación Provincial de Pontevedra.

As obras consistiron no acondicionamento do pavimento do conxunto de lavadoiros con fin de mellorar a súa imaxe e conseguir unha mellor uniformidade co entorno.

As obras realizáronse seguindo as condicións sinaladas pola Xefatura Territorial da Conselleira de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria – Delegación Territorial de Pontevedra, para o que foi preciso realizar en primeiro lugar o saneamento e limpeza da lousa de formigón para a continuación proceder a colocación do novo pavimento de pedra tomada con morteiro de cemento, previamente dispúxose a tubaria de PVC e recrecéronse as tapas existentes para situalas a nova cota do pavimento; tamén adaptouse a porta de acceso á caseta das bombas á nova altura.

REMATE DAS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DO CONXUNTO DE LAVADOIROS DE A LAGOA

 

Back to top