O Programa Galego de Detección Precoz de Cancro de Mama da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, en colaboración coa AECC, inicia a súa campaña no Concello de CAMPO LAMEIRO o día 12 de SETEMBRO do 2018.
Consiste na realización de Mamografías a todas as señoras de 50 a 69 anos do Concello.
As Mamografías faranse na Unidade Fixa de Exploración NO CENTRO DE SAÚDE DA PARDA (Como Chegar)
Mediante unha carta comunicarán o día, hora e lugar o que teñen que acudir.
No caso de non recibila, CONTACTA có 981 14 14 14, para solicitar a cita.