Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Servizos Sociais de Atención Primaria.
C/ Praza da Provincia de Pontevedra, nº 1
Teléfono: 986 75 20 34
Fax: 986 75 20 84

E-mail: servizossociais@campolameiro.com

O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Campo Lameiro traballa activamente para mellorar a calidade de vida e a participación na sociedade de tódalas persoas e grupos do municipio.

As iniciativas desenvolvidas inciden especialmente nos cidadáns que sofren algún tipo de carencia, marxinación ou desatención selectiva.

A atención primaria é a máis cercana aos cidadáns para buscar respostas ás demandas e necesidades das persoas.

Dende a Concellalía de Asuntos Sociais do Concello se anima a tódolos veciños a participar nas diferentes actividades, ofrecendo diferentes alternativas tanto de ocio coma formativas para persoas de tódalas idades.

Conxunto de tarefas realizadas por persoal cualificado no domicilio do destinatario e no seu contorno social, que se instrumentalizan para atender determinadas necesidades dos individuos e/ou grupos familiares cando estes se atopen en  situacións nas que non é posible a realización das actividades cotiás.

Conxunto de actuacións que se realizan para conseguir que o individuo en situación de necesidade conte cun marco estable para o desenvolvemento da convivencia: acollida familiar.

Proceso de intervención social que, co obxectivo último de mellorar o benestar e a calidade de vida das persoas ou grupos, actúa sobre os factores asociados ao orixe de diferentes problemáticas ou necesidades sociais, desenvolvendo actuacións concretas para evitar a súa aparición, reaparición ou agravamento. Supón a configuración de prestacións específicas, programas ou accións instrumentais de tipoloxía diversa.

Programa de atención especializada dirixido á muller, oferta servizo de atención xurídica, psicolóxica e social.

Realización de diversas actividades a toda a poboación: excursións culturais, actividades especiais en Nadal, ludoteca, etc.

Nos meses de abril e outubro lévase a cabo o reparto de alimentos da Cruz Vermella Española, procedentes dos excedentes da Comunidade Europea, que se reparten entre aquelas persoas e/ou familias máis necesitadas do municipio.

Facilitar ao cidadán e á comunidade, en xeral, o coñecemento e acceso aos recursos sociais nunha relación de axuda profesional que garante unha resposta axeitada ás necesidades recoñecidas coma propias do ámbito de actuación dos servizos sociais: pensións non contributivas, RISGA, asistencia sanitaria, axudas económicas non periódicas…

Dentro deste programa teñen cabida toda unha serie de procedementos:

DNI e NIF de todos os conviventes
Cartilla da seguridade social do solicitante
Nº de conta bancaria
Declaracións do I.R.P.F. de todos os conviventes, ou xustificantes de ingresos.

DNI dos pais
Libro de familia
Para os fillos de idades comprendidas entre 21 e25 anos, certificado de estudos ou copia da matrícula.

DNI dos pais
Libro de familia
Para os fillos de idades comprendidas entre 21 e25 anos, certificado de estudos ou copia da matrícula.

DNI do solicitante.
Libro de familia.
Declaración do I.R.P.F. do último exercicio, ou xustificantes de ingresos de todos os membros da unidade familiar.
Certificación bancaria.
Factura detallada dos libros mercados.

DNI
Documento de asistencia sanitaria
Informes médicos actualizados.

DNI do solicitante
Orzamento desagregado do gasto a realizar
Certificación de convivencia
Declaración do I.R.P.F. da unidade familiar ou certificación negativa de Facenda.
Declaración xurada da totalidade de ingresos da unidade familiar.

DNI.
Documento de asistencia sanitaria.
Informe médico.

DNI.
Documento de asistencia sanitaria.
Informe médico.
Certificación da pensión que percibe.
Declaración do I.R.P.F. ou certificación negativa de Facenda.

DNI .
Documento de asistencia sanitaria.

DNI do titular e dos beneficiarios a incluir
Libro de familia ou documentos que xustifiquen o parentesco.
Documento de asistencia sanitaria do titular.
Certificación de convivencia.

DNI
Solicitud de Nº de afiliación á seguridade social
Fotocopia da cartilla da Seguridade Social, no caso de tela con anterioridade.
Declaración do I.R.P.F. ou certificación negativa de Facenda
Certificación de empadroamento e convivencia
Libro de familia, no seu caso.

DNI.
Cartilla da Seguridade Social.

DNI.
Certificación da pensión.
Certificación de convivencia.
Declaración xurada de ingresos da unidade familiar.

DNI
Libro de familia, no seu caso.
Cartilla da Seguridad Social.
Informes médicos
Declaración do I.R.P.F. ou certificación negativa de Facenda
Certificación de pensións
Certificación do rendemento do capital mobiliario.
Xustificantes de outros ingresos.

DNI
Cartilla da Seguridad Social
Nº de conta bancaria
Informe médico do acollido e dos acolledores
Calificación de minusvalidez.
Xustificantes de ingresos

DNI
Libro de familia.
Calificación de minusvalidez, no seu caso.
Copia do recibo do imposto sobre bens inmobles de natureza urbana
Xustificación, no caso de ser titular de outros bens ou dereitos.
Orzamento formal dos gastos para os que solicita axuda

Back to top