Ruta de Paredes

Localización

Lugar de Paredes, dende A Lagoa, polo ramal que vai a San Xurxo de Sacos (Carretera Pontevedra-Ourense). A pouco mais de 1 km. do concello,(PO-231) atoparase con outra carretera asfaltada (marxe esquerda en curva), siga por ela ata o lugar de Praderrei (1 Km.), onde ten que coller unha carretera que nace á esquerda despois do aserradeiro. Nas primeras casas de Paredes, ten que deixa-lo seu vehículo e seguir polo camiño á esquerda que sobe hacia o monte entre muros de eiras e casas. A 150 m. tome o que se dirixe á esquerda e a 80 m atopará:

Para Ver

Laxe dos Cabalos (5)

Nesta zona e próximas entre si hai varias pedras grabadas con figuras e cervos e combinacións circulares.
Destacamos entre elas a que da orixe á zona, e que está formada por dous cabalos que levan á súa grupa a sendos xinetes, da a imprersión de que están disputando unha carreira, (tratouse de representar o movimento dos cabalos coa elevación do rabo).

Pena do Outeiro Furado (6)

A 60 m. ó NO da zona anterior, debaixo da piedra esférica que domina o conxunto, na súa parte superior hai unha figura laberíntica, e na súa proximidade hai outros grabados.

A 50 m. ó NO da Pena do Outeiro, na pequena depresión e na ladeira W da mesma hai varia pedras con grabados de cervos e círculos concéntricos. Destaca o cervo astado ó que se lle representou a boca e os ollos no mesmo plano.

Fonte da Pena Furada(7)

A 60 m. ó Nw da Pena do Outeiro, na pequena depresión e na ladeira W da mesma hai varia pedras con grabados de cervos e círculos concéntricos. Destaca o cervo astado ó que se lle representou a boca e os ollos no mesmo plano.

Outeiro de Cogoludo(8)

A menos de 100 m. do grupo anterior con dirección NW levántase un outeiro rocoso, moi visible, de uns 10 m. de altura. Na súa ladeira ten grabadas un bo número de figuras, de surco moi visible, ancho e profundo. Á dereita pode ver tres cabalos, cos seus xinetes á grupa, dispostos verticalmente. Á esquerda desta escea hai un gran panel con figuras de círculos concéntricos, ós que chegan liñas procedentes de círculos centrados por una fosita. Tamén se poden ver eiquí: un ídolo placa, varios cervos (un repicado xira a cabeza hacia atrás,…

Outeiro das Ventaniñas (9)

A menos de 100 m. ó NW, atópase outro outeiro de uns 2,5 m. de altitude, no que hai grabados varios círculos.

Laxe dos Carballos (10)

A 50 m. do Outeiro dos Cogoludos, estará ante o mellor petroglifo de Galicia. … a laxe ten máis de 60 metros cadrados de representacións, pero destaca polo seu interese a tódolos niveis a figura do gran cervo astado, e que non só ten un gran número de lanzas cravadas no seu lombo, como sinal de castigo ou morte, senón que ademáis ten atada unha corda ó redor do pescozo.
Contrasta a expresión xocosa do animal cos castigos antes citados. Xunto a este, verá combinacións circulares, alineacións de cazoletas, outros cervos,…

Laxe da Forneiriña (11)

Atópase a 100m. ó SW da zona anterior. Nela pódese ve-la figura dun gran animal (ó estar repicado non podemos saber a que especie pertence), xunto con cervos, círculos, etc.

Para regresar á aldea de Paredes, diríxase hacia o S. Ata sair ó camiño (uns 20 m) e tome polo ramal da esquerda. Cuando vexa fronte a Vd. (despois de andar uns 80 m) a “Pena do Outeiro Furado”, siga polo sendeiro da esquerda ata sair ó camiño e verá a aldea. No monte comunal de Paredes denominado “Monte de Abaixo” hai outros grabados. O seu acceso dende a aldea é moi difícil e costoso polo que lle recomendo que o faga dende o Itinerario de Caneda.

Outro calco de "Os Carballos"
Calco de "Os Carballos"
Laxe dos Cabalos
Vista de "Os Carballos"
Escavacións Arqueolóxicas no Petrogrlifo de "Os Carballos"
Detalle de O Cogoludo
Detalle de Os Carballos (Coñecida nolugar por, a "Maja Simpática")
Escavación Arquolóxica no petroglifo de "Os Carballos"
Vista do Outeiro do Cogoludo
Detalle de "Os Carballos"
Detalle do Outeiro do Cogoludo
Outeiro do Cogoludo
Back to top

Usamos cookies en nuestra Web para mejorar tu experiencia de usuario. Asumimos que estás de acuerdo pero tienes la opción de no aceptar cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar