Ruta de A Lagoa – Castro de Penalba

Itinerario de A Lagoa

Pedra da serpe

42°32’34.90″N / 8°33’8.37″O

Dende Campo Lameiro por PO-221, en dirección a Moraña, no Alto de Agueiros desvíese pola carretera ao parque de Penalba.

Despois do cruce anterior, siga 1 Km., e desvíese pola bifurcación á esquerda (250m.), ata a muralla do Castro. E na Cima do “Coto”, mirará unha pedra grabada con dous ofidios que parecen estar representados no momento do apareamento (Pedra da Serpe).

A Pedra da Serpe sitúase no cume do castro de Penalba, sobre unha grande lousa granítica, dende onde se pode ver unha grande panorámica das terras do río Lérez.
A rocha está orientada cara ao nacente e inclínase uns 80º. Nela represéntase unha forma de serpe de grande tamaño, aproximadamente 2 metros, ainda que hai expertos que postulan que se mostran dúas serpes no momento do apareamento.

A serpe é un motivo moi representado no arte galego, e ista é unha das súas representacións máis antigas. O Grupo Galaico de Arte Rupestre está datado entre o tránsito III-II milenio a. de C. pero este gravado realizaríase nos primeiros momentos da cultura castrexa, en torno aos. VIII-VII a. de C., como parte integrante dese depósito castrexo.

Pedra da Serpe Detalle da Pedra da Serpe (Castro Penalba)
Vista do Castro de Penalba

Laxe da Rotea de Mendo

42, 338714 / -8,558576

Volva á pista anterior e siga por ela 600-700 m., mirará un sendeiro á esquerda que descende pola ladeira do monte e a uns 100 m. atoparase cunha gran lousa de granito con cervos de distintos tamaños, figuras formadas por combinacións circulares.

Para poder contemplalos ben hai que colocarse na parte baixa da rocha onde axiña vainos chamar a atención a figura dun un grande cervo macho bramando, que constitúe unha das mellores representacións deste animal nos petroglifos galegos.
Xusto de fronte obsérvase un grande cervo macho bramando, que é, xunto ás combinacións de círculos concéntricos, o motivo que mellor se aprecia. Constitúe un dos mellores e coñecidos exemplares de representación deste animal no acto de chamar á femia, que se cre que podería estar representada na parte dereita da rocha. Está provisto de grandes cornos e longo falo que está trazado mediante unha única liña.
O cervo aparece en celo, bramando coa cabeza erguida en dirección a outra figura, de realización menos coidada. (Hoxe o cervo ten dúas cabezas debido a que os visitantes tenden a marcar con pedras e outros útiles unha cabeza recta, modificando así o seu gravado).
Ademais vense combinacións de círculos concéntricos, outros cérvidos e un elevado número de trazos, algúns dos cales poderían corresponder a formas antropomorfas. Tamén hai figuras realizadas en épocas máis recentes que parecen representar dúas bailarinas e que para algúns investigadores non pertencerían ao Grupo Galaico de Arte Rupestre. O resto das figuras se pertencerían, cunha cronoloxía en torno á transición do III-II milenio a. de C.

Calco da Rotea de Mendo
Detalle da Rotea de Mendo
Back to top

Usamos cookies en nuestra Web para mejorar tu experiencia de usuario. Asumimos que estás de acuerdo pero tienes la opción de no aceptar cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar