PROXECTO MILLENNIALS

COMENZAN  EN SETEMBRO AS NOVAS ACCIÓNS FORMATIVAS DO PROGRAMA MILLENIALS!!!

Nova quenda de accións formativas destinadas a PERSOAS MOZAS DESEMPREGADAS DE ENTRE 16 E 30 ANOS que iniciará a Deputación de Pontevedra no mes de setembro, ao abeiro do proxecto Millenials.

As persoas participantes nestas accións gratuítas recibirán formación no eido das TIC moi demandada polas empresas da provincia, incrementándose notablemente a súa empregabilidade.

Na actualidade está ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN para 10 accións formativas que se van a desenvolver nas localidades de Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e Ponteareas e nos seguintes links tes toda a información así como os formularios de inscrición:

LOCALIDADE ACCIÓN FORMATIVA DATA DE INICIO
PONTEAREAS Programación web con software libre. Web development bootcamp 17/09/2019
PONTEVEDRA Creación e xestión de tendas en liña 17/09/2019
Marketing dixital: estratexias SEO, SEM, redes sociais e análise de tráfico web 17/09/2019
Xestión de fidelización de establecementos turísticos: recepcionista 3.0 17/09/2019
VIGO Deseño e prototipado rápido mediante impresión 3D e mecanizado 17/09/2019
Creación de contidos dixitais (videoxogos, imaxe e vídeo) 17/09/2019
Creación de aplicacións móbiles (aplicacións para Android e iOS) 17/09/2019
Organización e xestión da produción: Lean Manufacturing 4.0 17/09/2019
Xestión de empresas turísticas. Deseño e desenvolvemento de produtos 17/09/2019
VILAGARCÍA DE AROUSA Deseño e prototipado rápido mediante impresión 3D e mecanizado      16/09/2019

 

#PROXECTOMILLENNIALS

O proxecto Millennials enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil e nace a partir dun convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Escola de Organización Industrial, no marco do Plan Nacional de Garantía Xuvenil.

REQUISITOS DE ACCESO:

  • Ter entre 16 e 30 anos
  • Estar en situación de desemprego (polo menos con 2 días de antelación ao comezo do curso)
  • Estar inscritas ou inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (polo menos con 2 días de antelación ao comezo do curso)
  • Residir preferentemente da provincia de Pontevedra

INFORMACIÓN:

Correo-e: cooperacion@depo.es

Teléfono: 986 804 100, extensións 40652 e 40267

Inscricións: https://www.depo.gal/proxecto_millennials

As accións formativas son gratuitas

 

Back to top

Usamos cookies en nuestra Web para mejorar tu experiencia de usuario. Asumimos que estás de acuerdo pero tienes la opción de no aceptar cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar