Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Área recreativa de Lodeiro

Situada na parroquia de San Miguel de Campo, a escasos metros da Ponte Cuitián , a Área recreativa de Lodeiro é un dos lugares máis fermosos do río Lérez.

As súas ribeiras, inzadas de frondosas, acollen unha praia fluvial e son a testemuña da unión do río Lérez co seu afluente o río Meneses. Unha pequena ruta de muiños, o merendero provisto de mesas e parrillas xunto coa praia fluvial, fan desta área un lugar ideal para o disfrute de nenos e maiores.

A zona ten un afamado coto de pesca.

Area recreativa de Penalba

Este recinto situado no alto de monte Agüeiros reúne tradición, cultura, arte e ocio. Conserva o Castro de Penalba que data dos séculos VIII – VII a. C., un dos máis antigos de Galicia.

O día 13 de xuño commemorase a festividade de S. Antonio. na capela celébrase a misa solemne e a tradicional puxa de ofrendas que levan os devotos.

Este recinto conta ademais, cun galpón, merendeiro, mesas, parrillas, fontes e un parque infantil.

Fonte: Terras De Pontevedra.

Carballeira de Rozas

Situada na parroquia de Couso, esta magnifica carballeira centenaria posue mesas, zoa infantil e parrillas, o que a convirte nun estupendo lugar para disfrutar dnha relaxada xornada campestre .

Praia fluvial de Redonde:

Ideal para facer un alto no camiño e obsequiarnos cun refrescante baño en augas do río Lérez.

Back to top