AXUDAS A EMPRESARIOS E EMPRENDEDORES VIXENTES

A continuación descríbense brevemente as características principais destas liñas de axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada nas correspondentes Ordes de convocatoria ás que se fan referencia en cada axuda.

CON PRAZO DE SOLICITUDE ABERTO ATA O VINDEIRO 30/9/2019:

INCENTIVOS A CONTRATACION:

AXUDAS DO PROGRAMA EMPREGA DISCAPACIDADE E EXCLUSIÓN, FORMACIÓN E EMPREGO CON APOIO TR342A:

Concesión das axudas que favorezan a contratación das persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social na empresa ordinaria e, especialmente, daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral.

Esta axuda conta con tres tipos de bonos compatibles:

– Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial, a temporal cunha duración mínima inicial de 3 meses e a transformación de contratos temporais en indefinidos a tempo completo ou a tempo parcial das persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.

– Bono de formación, dirixido ás persoas traballadoras cunha contratación indefinida inicial ou temporal mínima de 6 meses, beneficiarias do bono de contratación, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

– Bono de emprego con apoio, que consiste nun conxunto de actividades de orientación e acompañamento individualizado que prestan, no propio posto de traballo, persoas preparadoras laborais especializadas ás persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, con especiais dificultades de inserción laboral e que realizan a súa actividade en empresas do mercado ordinario de traballo, en condicións similares ao resto dos traballadores e traballadoras que desempeñan postos de iguais características.

Máis información: Orde do 14 de agosto de 2019 (DOG nº 163 do 29 de agosto de 2019).

Neste enlace  Ficha informativa na sede electrónica tes máis información.

 

SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA EMPREGA MULLER PARA A CONTRATACIÓN POR CONTA ALLEA – 2019. TR350A

Subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para facilitar a inserción laboral das mulleres desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para acceder ou permanecer no mercado de traballo, promovendo incentivos á súa contratación por conta allea. Tipos de axuda:

  1. Bono de contratación, coa concesión dunha subvención para:

– Contratación indefinida inicial,

– Contratación temporal cunha duración inicial mínima de 12 meses,

– Transformación de contratos temporais en indefinidos (deberán de ser a tempo completo) e para os casos de contratos indefinidos a tempo parcial será subvencionable o incremento de xornada que deberá acadar a xornada a tempo completo ordinaria ou a establecida no convenio colectivo de aplicación

  1. Bono de formación (opcional) dirixido ás mulleres contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo, agás nos casos de incremento da xornada e transformación de contrato.

Máis información: Orde do 3 de abril de 2019 (DOG nº 79 do 25 de abril de 2019).

Neste enlace tes máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia

 

SUBVENCIÓNS PARA O PROGRAMA EMPREGA XUVENTUDE DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN E FORMACIÓN DE PERSOAS MOZAS (2019). TR349T

Subvencións en concorrencia non competitiva coa finalidade de facilitar a inserción laboral das persoas mozas menores de 30 anos desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo, e favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade.

Por medio desta convocatoria as empresas e persoas empregadoras terán a posibilidade de obter axudas para a contratación indefinida inicial, a contratación temporal cunha duración inicial mínima de 12 meses e formación por conta allea, que se celebren ou se teñan celebrado dende o 1 de outubro de 2018 ata o 30 de setembro de 2019 con persoas desempregadas menores de 30 anos.

Inclúense dous tipos de axuda compatibles:

  1. a) Bono de contratación, como subvención para a contratación indefinida inicial e a temporal cunha duración mínima inicial de doce meses das persoas desempregadas mozas menores de 30 anos (Ata un máximo de 9.000€ no caso de ser unha empresa con máis de 50 persoas traballadoras e cunha taxa de estabilidade igual ou superior ao 70% e cunha actividade pertencente ao ámbito de sectores estratéxicos definidos)
  2. b) Bono de formación, que de xeito opcional, vai dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo (Ata un máximo de 4.000€ por cada persoa traballadora dada de alta)

Máis información: Orde do 26 de marzo de 2019 (DOG nº 69 do 9 de abril de 2019).

Neste enlace tes máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia

 

PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN POR CONTA ALLEA DAS PERSOAS DESEMPREGADAS DE LONGA DURACIÓN. TR349R

Este programa ten como finalidade favorecer o emprego estable e facilitar a inserción laboral dos parados e paradas de longa duración que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo.

As empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación indefinida inicial, para a contratación temporal cunha duración inicial de 12 meses e para a formación, incluíndose dous tipos de axudas compatibles:

  1. a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial e a temporal cunha duración mínima inicial de doce meses das persoas desempregadas de longa duración.
  2. b) Bono de formación (opcional) dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

Máis información: Orde do 4 de marzo de 2019 (DOG nº 55 do 20 de marzo de 2019).

Neste enlace tes máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia

 

AXUDAS A PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS (2019) TR349F

Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas, formalizada dende o 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019, realizada por aquelas persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade e as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.

persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

Subvención a fondo perdido dende os 3.000 € aos 15.750 € segundo a tipoloxía da persoa traballadora contratada.

Máis información: Orde do 21 de decembro de 2018 (DOG nº 18 do 25 de xaneiro de 2019).

Neste enlace tes máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia

CONCILIACIÓN LABORAL E FAMILIAR

AXUDAS PARA A CONCILIACIÓN POR MATERNIDADE OU PATERNIDADE DA PERSOA TRABALLADORA AUTÓNOMA 2019. TR341A

Axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que unha vez finalizado o seu período de descanso por nacemento contraten unha persoa para ampliar a súa conciliación da vida familiar e laboral, durante un período máximo dun ano.

O importe da subvención para compensar a dita contratación será de 500 € por mes completo, segundo a duración indicada na comunicación da contratación, con un máximo de doce meses de contratación. Nos casos de duración incerta a subvención será polos meses indicados no anexo I, que serán os que se comprometa a persoa autónoma a ter a contratación vixente. Sendo polo tanto o importe máximo que se pode percibir de 6.000 €.

Máis información: Orde do 26 de abril de 2019 (DOG nº 93 do 16 de maio de 2019).

Neste enlace tes máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia.

FINANCIAMENTO

APOIO AO ACCESO AO CRÉDITO DAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS – 2019. IG535A

Os apoios regulados por estas bases teñen por obxecto tratar de dar resposta ás necesidades de financiamento detectadas nas pemes galegas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca (SGR) e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes)

Este apoio atenderá ás seguintes fórmulas:

  1. a) Préstamos avalados para o crecemento das pemes, co obxecto de favorecer mediante reavais o acceso a préstamos a longo prazo para financiar investimentos produtivos e/ou o circulante estrutural por parte das pemes galegas.
  2. b) Operacións avaladas para o financiamento de tráfico comercial, co obxecto de favorecer o acceso a novo financiamento operativo, para o tráfico comercial das pemes galegas mediante liñas de crédito específicas para adianto de efectos comerciais e facturas, pólizas de pagamentos a provedores e pólizas de comercio exterior.
  3. c) Garantías ante terceiros vinculadas a operacións de tráfico ou avais técnicos, co obxecto de favorecer a capacidade das pemes para outorgar garantías fronte a terceiros, para garantir o cumprimento de contratos, tráfico comercial ou avais técnicos.

En todas estas modalidades, o apoio do Igape consistente nun reaval de ata o 25 % do risco asumido polas SGR.

Máis información: Resolución do 21 de maio de 2019 (DOG nº 104 do 4 de xuño de 2019).

Neste enlace  tes máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia.

 

CON PRAZO DE SOLICITUDE ABERTO ATA O VINDEIRO 7 /10/ 2019:

INCENTIVOS A CONTRATACION

AXUDAS PARA A INCORPORACIÓN DE NOVAS PERSOAS TITULADAS A ACTIVIDADES DE MELLORA COMPETITIVA DAS EMPRESAS (PROGRAMA PROFESIONAIS 4.0) – 2019. IG502A

O obxecto das axudas é a incorporación, titorizada e con garantías de formación, de novos titulados universitarios e de formación profesional ás empresas ou a outras entidades de soporte, para realizar traballos que melloren as capacidades do tecido empresarial.

Os proxectos poderán consistir tanto na execución de plans de mellora competitiva internos das empresas como na prestación de servizos de mellora a terceiros. Neste último caso, os servizos a empresas nos que se integrarán as persoas contratadas non consistirán en actividades permanentes ou periódicas de xestoría ou auditoría (asesoría ou xestión fiscal, contable, laboral, servizos xurídicos periódicos, auditoría, publicidade e outros similares). Os proxectos de mellora deberán desenvolverse en centros de traballo de Galicia.

Máis información: Resolución do 29 de xullo de 2019 (DOG Nº148 do 06/08/2019) –

341 Ficha informativa oficina web IGAPE tes máis información

 

ACCIÓNS FORMATIVAS CON COMPROMISO DE CONTRATACIÓN DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS DESEMPREGADAS. TR301P

Serán subvencionables ao abeiro deste programa as accións formativas para o emprego con compromiso de contratación que garden relación coa actividade empresarial das entidades solicitantes, dirixidas a persoas traballadoras desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia e que inclúan o compromiso de contratación na Comunidade Autónoma de Galicia nalgunha das modalidades enunciadas no capítulo III dun mínimo do 40 % do alumnado formado, por un período mínimo de seis meses a xornada completa, ou 9 meses no caso de que a contratación sexa a tempo parcial. Neste último caso, o mínimo da xornada será do 50 % da correspondente a unha persoa traballadora a tempo completo comparable. No suposto de subscribir un contrato para a formación e a aprendizaxe, a xornada de traballo será a tempo completo e a duración mínima do contrato será de 12 meses.

Máis información: Orde do 13 de agosto de 2019 (DOG nº 169 do 6 de setembro de 2019).

Neste enlace Ficha informativa na sede electrónica tes máis información

 

CON PRAZO DE SOLICITUDE ABERTO ATA O VINDEIRO  29/11/2019:

INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN

AXUDAS Á CONTRATACIÓN DE XESTORES DE INTERNACIONALIZACIÓN  2019. IG638A

As axudas reguladas por estas bases teñen por obxecto teñen como obxectivo facilitar a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización e a incorporación ou reinserción ao mercado laboral de profesionais no ámbito do comercio exterior, priorizando as persoas mozas sen ou con pouca experiencia e as sénior experimentadas maiores de 45 anos en situación de desemprego, ao mesmo tempo que se apoian as pemes galegas no seu proceso de internacionalización, poñendo á disposición das pemes e dos organismos empresariais información sobre profesionais con formación especializada e unha subvención a fondo perdido para a súa contratación.

Será subvencionable o custo dos contratos laborais por conta allea a tempo completo de xestores de internacionalización, baixo calquera das modalidades previstas na lexislación laboral vixente no momento da contratación, acordes á finalidade de axuda, excepto contratos de alta dirección.

Máis información: Resolución do 2 de agosto de 2019 (DOG nº 154 do 14 de agosto de 2019).

Neste enlace  Ficha informativa na sede electrónica tes máis información

 

CON PRAZO DE SOLICITUDE ABERTO ATA O VINDEIRO 16/12/2019:

INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN

PROGRAMA DE INCENTIVOS Á ACTIVIDADE LABORAL VINCULADA ÁS ACCIONS FORMATIVAS CON COMPROMISO DE CONTRATACIÓN INMEDIATA TR349X:

Concesión das axudas ás contratacións realizadas polas entidades beneficiarias das subvencións que superen o compromiso de contratación do 40 % do alumnado formado

Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais e temporais que realicen as empresas e as persoas empregadoras con persoas desempregadas participantes nos proxectos de acción formativa con compromiso de contratación que se determinen na correspondente orde de convocatoria.

As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de 7.000 euros ou de 8.000 euros cando a persoa desempregada se atope nalgún dos colectivos favorecidos establecidos.

Máis información: Orde do 7 de decembro de 2018 (DOG nº 246 do 27 de decembro de 2018).

Neste enlace Ficha informativa na sede electrónica tes máis información

 

CON PRAZO DE SOLICITUDE ABERTO ATA O VINDEIRO 30/12/2019:

AXUDAS AO INVESTIMENTO EMPRESARIAL

AXUDAS AOS PROXECTOS DE INVESTIMENTO EMPRESARIAL (2019) IG408A:

Axudas do Igape para estimular a posta en marcha de proxectos de investimento empresarial en Galicia, coa finalidade principal de dinamizar a actividade económica na Comunidade Autónoma e potenciar o mantemento e creación de emprego, así como a innovación, a través do desenvolvemento e mellora das empresas existentes, así como coa creación e posta en marcha de novas iniciativas empresariais.

Serán subvencionables os proxectos de investimento en activos fixos que respondan a algunha das seguintes tipoloxías:

  1. Creación dun novo establecemento.
  2. Ampliación de capacidade dun establecemento existente.
  3. Diversificación da produción dun establecemento existente en produtos que anteriormente non se producían nel.
  4. Transformación fundamental do proceso global de produción dun establecemento existente. Estes proxectos suporán a implementación dunha innovación no proceso global de produción que impliquen o uso por primeira vez de métodos de organización que inclúan melloras nas rutinas e procedementos de xestión do traballo, dos sistemas de produción ou a integración de áreas funcionais da empresa.

Máis información: Resolución do 19 de decembro de 2018  (DOG nº 13 do 18 de xaneiro de 2019).

Neste enlace tes máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia

OUTROS

AXUDAS PARA O FOMENTO DA CONTRATACIÓN DOS SEGUROS AGRARIOS – 2019. MR443A

Axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios incluídos no Plan de seguros agrarios combinados para o exercicio 2019.

A axuda consistirá na subvención dunha porcentaxe sobre a prima comercial base, incluídas bonificacións e recargas, segundo se indica nos anexos da dita Orde

Máis información: Orde do 26 de decembro de 2018(DOG nº 17 do 24 de xaneiro de 2019).

 

CON PRAZO DE SOLICITUDE ABERTO ATA O VINDEIRO 31/12/2019:

AFORRO ENERXÉTICO

PROGRAMA ESTATAL DE AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA DO SECTOR INDUSTRIAL – PROGRAMA DE EFICIENCIA ENERXÉTICA EN INDUSTRIA. IN421V

Axudas a actuacións que reduzan as emisións de dióxido de carbono e o consumo de enerxía final, mediante a mellora da eficiencia enerxética contribuíndo a acadar os obxectivos de redución do consumo de enerxía final que fixa a Directiva 2012/27 UE.

En concreto, convócanse axudas para as seguintes actuacións:

Medida 1: mellora da tecnoloxía en equipos e procesos industriais

Medida 2: implantación de sistemas de xestión enerxética

Máis información: RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2019(DOG nº 158 do 22 de agosto de 2019).

 

SUBVENCIÓNS PARA A MOBILIDADE EFICIENTE E SOSTIBLE (PROGRAMA MOVES). IN421R

Axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (Programa MOVES).

Actuación 1: adquisición de vehículos de enerxías alternativas, será obrigatorio o achatarramento dun vehículo M1 de máis de dez anos ou dun vehículo N1 de máis de sete anos para as adquisicións de vehículos novos M1 ou N1.

Actuación 2: implantación de infraestruturas de recarga de vehículos eléctricos.

Actuación 3: implantación de sistemas de préstamos de bicicletas eléctricas.

Actuación 4: implantación de medidas contidas en plans de transporte ao traballo en empresas.

Máis información: Resolución do 10 de abril de 2019 (DOG nº 74 do 16 de abril de 2019).

Neste enlace tes máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia

 

FINANCIAMENTO

PRÉSTAMOS DIRECTOS DO IGAPE PARA O FINANCIAMENTO EMPRESARIAL EN GALICIA. IG408B

Os préstamos regulados por estas bases teñen por obxecto financiar proxectos empresariais viables para implantar na Comunidade Autónoma de Galicia.

Estes préstamos atenderá a proxectos financiables que deberán estar vinculados ás actividades establecidas como financiables, que serán as sinaladas no anexo I para cada unha das modalidades de préstamo, independentemente de calquera outra que, ademais, desempeñe o solicitante.

Non serán financiables as meras substitucións de bens sen unha mellora produtiva, os traslados de centros produtivos que non supoñan unha mellora na capacidade produtiva ou na competitividade, os gastos de amortización, o saneamento de contas, nin o financiamento ou o refinanciamento de débedas.

Entre os conceptos subvencionables se atopan os seguintes:

– Bens tanxibles cuxo uso previsto pola beneficiaria sexa a produción ou subministracións de bens ou servizos, ou ben para fins administrativos.

– Bens intanxibles, tales como investigación, desenvolvemento, concesións administrativas, propiedade industrial ou intelectual, dereitos de traspaso e aplicacións informáticas.

– Gastos de investigación, desenvolvemento e innovación.

– Capital de explotación.

Máis información: Resolución do 2 de xullo de 2019 (DOG nº 134 do 16 de xullo de 2019).

Neste enlace  tes máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia.

 

PRÉSTAMOS PEMES GALICIA – PROGRAMA OPERATIVO FEDER GALICIA 2014-2020 (2019). IG-534C –

A axuda consiste en facilitar o acceso ao crédito a aqueles proxectos economicamente viables dos sectores vinculados coa estratexia do programa operativo Feder 2014-2020, como son o fomento de investimentos en innovación e investigación, a promoción do espírito empresarial, o aproveitamento económico de novas ideas e o impulso da creación de novas empresas, así como a promoción do crecemento e consolidación das pemes nos mercados rexionais, nacionais e internacionais.

Modalidades de préstamo:

– Préstamos IFI Emprende: mellorar a competividade das pemes.

– Préstamos IFI Industria 4.0 e IFI Relanzamento: mellorar a competividade das pemes.

– Préstamos IFI Innova: potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación.

Máis información: Resolución do 16 de outubro de 2017 (DOG nº 206 do 30 de outubro de 2017).

Neste enlace tes máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia

 

AXUDAS AO FOMENTO DO EMPRENDEMENTO E A CREACIÓN DE EMPRESAS

CON PRAZO DE SOLICITUDE ABERTO ATA O VINDEIRO 30/9/2019:

AXUDAS PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO TR341D:

Axudas aos proxectos dirixidos á creación de emprego autónomo para que, aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas, poidan facer fronte aos distintos gastos orixinados no inicio da dita actividade profesional.

As axudas consistirán nunha subvención a fondo perdido dende os 2.000 € aos 9.000 € segundo a tipoloxía da persoa solicitante.

Máis información: ORDE do 21 de decembro de 2018 (DOG nº 18 do 25 de xaneiro de 2019).

Neste enlace tes máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia

 

AXUDAS A PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS (2019) TR349F

Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas, formalizada dende o 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019, realizada por aquelas persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade e as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.

persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

Subvención a fondo perdido dende os 3.000 € aos 15.750 € segundo a tipoloxía da persoa traballadora contratada.

Máis información: Orde do 21 de decembro de 2018 (DOG nº 18 do 25 de xaneiro de 2019).

Neste enlace tes máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia

 

AXUDAS E SUBVENCIÓNS ÁS INICIATIVAS DE EMPREGO DE BASE TECNOLÓXICA (IEBT) (2019): SUBVENCIÓNS PARA IMPULSAR A CREACIÓN DE NOVAS INICIATIVAS EMPRESARIAIS DE BASE TECNOLÓXICA (PREVIAMENTE CUALIFICADAS E INSCRITAS COMO TAL) EN GALICIA.

As IEBT poderán acollerse as seguintes modalidades de axudas:

  1. a) Subvención á creación directa de emprego estable
  2. b) Subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación
  3. c) Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade

Máis información: Orde do 21 de decembro de 2018 (DOG nº 18 do 25 de xaneiro de 2019).

Neste enlace tes máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia

 

SUBVENCIÓNS PARA PROMOVER O AUTOEMPREGO E A ACTIVIDADE EMPRENDEDORA EN GALICIA DAS PERSOAS GALEGAS RETORNADAS E DOS SEUS DESCENDENTES PR937A:

Estas axudas teñen como obxecto promover a creación e o desenvolvemento do autoemprego das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes que se establezan na Comunidade Autónoma galega, establécese unha contía da subvención de 5.000 euros, que poderá incrementarse no caso de concorrer determinadas circunstancias establecidas nas bases.

Máis información: Resolución do 11 de xuño de 2019(DOG nº 113 do 17 de xuño de 2019).

Neste enlace dáse máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia.

 

CON PRAZO DE SOLICITUDE ABERTO ATA O VINDEIRO  18/10/2019:

GALICIA EMPRENDE-AXUDAS PARA NOVOS EMPRENDEDORES IG406F:

Serán subvencionables os proxectos de creación de pequenas e medianas empresas por novos emprendedores, así como os proxectos de investimento para a ampliación en pequenas e medianas empresas xa creadas, sempre que cumpran os requisitos para seren consideradas nova peme.

A axuda consistirá  nunha subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva, que con carácter xeral a subvención poderá chegar ata o 20 % dos custos subvencionables e ata o 30 % se o beneficiario é unha pequena empresa,

Máis información: Resolución do 2 de abril de 2019 (DOG Nº75 do 17/04/2019) –

 

AXUDAS E INCENTIVOS A EMPRESARIOS E EMPRENDEDORES

Back to top

Usamos cookies en nuestra Web para mejorar tu experiencia de usuario. Asumimos que estás de acuerdo pero tienes la opción de no aceptar cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar