Obxectivo.

A Axencia de Emprego y Desenvolvemento Local situada no Centro Socio Cultural Sobrino Buhigas de Campo Lameiro conta cun Técnico de Emprego que ten como misión principal colaborar na implantación das políticas activas de emprego relacionadas coa creación da actividade empresarial.

A axencia de desenvovemento local é unha iniciativa pública municipal creada co obxectivo de facilita-lo desenvolvemento do contorno socioeconómico e a creación de emprego.

O obxectivo xeral da Axencia de Desenvolvemento Local é fomentar a actividade económica e social no concello, ca finalidade de xerar crecemento económico e desenvolvemento social.

O seu ámbito de actuación é municipal, dependendo orgánica e funcionalmente do propio Concello; carece de personalidade xurídica propia e está configurada como un servicio municipal, un instrumento máis de xestión.

Na actualidade os costes de funcionamiento están cofinanciados pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.
Os beneficiarios inmediatos da axencia son os novos emprendedores, empresarios, comerciantes, traballadores, desempregados e en xeral, aqueles que pretendan poñer en marcha ou ampliar calquera tipo de iniciativa empresarial.

1. Promoción económica e fomento do emprego

  • Creación de empresas-Promoción de emprego autónomo
    -Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais
    -Axudas a mulleres empredendoras
    -Apoio a creación, ampliación e mantemento de centros especiais de emprego.
    -Iniciativas locais de emprego
    -Iniciativas de emprego rural.
    -Inciativas de emprego de base tecnolóxica.
  • Incentivos a contratación por conta allea
  • Financiación e inversión empresarial.
  • Axudas para persoas con discapacidade.
  • Comercio local.
  • Agricultura e gandería.
  • Vivenda.

2. Programas e iniciativas europeas

  • Leader +

3. Orientación laboral.

4. Promoción da formación.

  • Detección de necesidades formativas.
  • Programación e execución de cursos e seminarios:

-Seminarios dirixidos a emprendedores

-Cursos de formación continua dirixidos a traballadores en activo

-Seminarios e xornadas para empresarios

Para unha maior información sobre os programas e tramitación das solicitudes, podense dirixir á Axente de Desenvolvemento Local deste Concello: Centro Socio Cultural Sobrino Buhigas

  • Axencia de Desenvolvemento Local
  • C/ Praza da Provincia de Pontevedra, nº 1
  • Teléfono: 986 75 20 34
  • Fax: 986 75 20 84
  • E-mail: tecnicoempleo@campolameiro.com
Back to top

Usamos cookies en nuestra Web para mejorar tu experiencia de usuario. Asumimos que estás de acuerdo pero tienes la opción de no aceptar cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar