APERTURA DE PRAZO PARA SOLICITAR OS CURSOS DO PROGRAMA LABORA 2020

XA ESTA ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA LABORA 2020 DA DEPUTACION PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Como facelo

As persoas interesadas deberán:

– Solicitar a formación correspondente na oficina correspondente do Servizo Público de Emprego (SPEG) ou no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria http://emprego.xunta.gal  coas súas claves de acceso

– Realizar a preinscrición segundo o modelo establecido no anexo I “Solicitude de participación”, que estará dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal) e que se presentará preferentemente por vía electrónica

  • Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNI-e)
  • Opcionalmente, aquelas persoas solicitantes poderán presentar de forma presencial a súa preinscrición, descargando o formulario dispoñible na sede electrónica, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

A preinscrición supón o coñecemento e a aceptación incondicional destas bases reguladoras. Non axustarse aos termos da convocatoria, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información serán causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 54 a 56 da LSG.

<<Formulario para solicitude presencial >>

Documentación requirida

Para a participación na formación deberá presentar a seguinte documentación debidamente actualizada:

  • Certificado de períodos de inscrición como demandante de emprego
  • Currículo persoal actualizado.
  • Currículo do SPEG con servizos
  • Acreditación documental da formación académica necesaria para acceder ao itinerario formativo elixido, no caso dos certificados de nivel 2 e 3, así como da formación complementaria relacionada con este e da experiencia laboral

Nos casos que proceda e segundo o colectivo de procedencia será necesario achegar o seguinte:

  • Certificado de estar inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
  • Permiso de residencia, de ser o caso
  • No caso de padecer algunha discapacidade, achegar o certificado de discapacidade, expedido polo órgano competente, debidamente actualizado
  • Certificado de convivencia, no caso de participantes que se atopen na situación de “Fogares compostos por un único adulto con fillas ou fillos ao seu cargo”
  • Sentenza xudicial ou orde de protección, no caso de vítimas de violencia de xéner
  • Acreditación da situación de solicitante de asilo da oficina de estranxeiría correspondente
  • Informe ou acreditación de ser unha persoa en risco de exclusión social emitido polos servizos sociais ou polos departamentos da entidade ou Administración competente na materia que concorran nas persoas participantes.
  • Certificado de delitos penais e certificado de delitos sexuais nos casos que corresponda

Prazos para o seu inicio e finalización: O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto dende o 2 de outubro de 2019 ata o inicio da acción formativa. A data de inicio de cada acción formativa publicarase en www.depo.gal/labora-2020 e na sede electrónica https://sede.depo.gal.

Itinerarios integrados personalizados

Os itinerarios personalizados de inserción que se desenvolverán no proxecto son os seguintes:

 

ITINERARIOS FORMATIVOS PARTICIPANTES
Competencias Clave de Nivel 2 (lingua galega, lingua castelá e matemáticas) + formación complementaria + formación transversal

120

Nivel 1

Actividades Auxiliares de Almacén + formación complementaria + formación transversal + prácticas non laborais

60

Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes + formación complementaria + formación transversal + prácticas non laborais

30

Limpeza de Superficies e Mobiliario en Edificios e Locais + formación complementaria + formación transversal + prácticas non laborais

45

Operacións Básicas de Restaurante e Bar + formación complementaria + formación transversal + prácticas non laborais

60

Nivel 2

Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio + formación complementaria + formación transversal + prácticas non laborais

120

Atención Sociosanitaria  a Persoas Dependentes en Institucións Sociais + formación complementaria + formación transversal + prácticas non laborais 120
Dinamización de Actividades de Tempo Libre Educativo, Infantil e Xuvenil+ formación complementaria + formación transversal + prácticas non laborais 75
Xestión de Chamadas de Teleasistencia + formación complementaria + formación transversal + prácticas non laborais 75
Socorrismo en Instalacións Acuáticas + formación complementaria + formación transversal + prácticas non laborais 30

Nivel 3

Docencia da Formación Profesional para o Emprego + formación complementaria + formación transversal + prácticas non laborais

120

 

 

Back to top

Usamos cookies en nuestra Web para mejorar tu experiencia de usuario. Asumimos que estás de acuerdo pero tienes la opción de no aceptar cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar