Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O PROGRAMA «TORNAR ÁS TÁBOAS» DA DEPUTACIÓN TRAE ESTE SÁBADO 12 DE NOVEMBRO A CAMPO LAMEIRO A OBRA «OS TROGLODITAS»

O programa «Tornar ás Táboas» impulsado pola Deputación de Pontevedra achegará a Campo Lameiro o vindeiro sábado 12 de novembro a obra «Os Trogloditas» do grupo de teatro «Tanxarinas». A actuación terá lugar ás 18:30 horas no pavillón de deportes.
Despois, ás 19:30 horas, terá lugar o MAGOSTO GRATUÍTO na Praza do Concello con castañas asadas e chourizos ao viño de balde.
Back to top