Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O DIRECTOR XERAL DA XUNTA BALSEIROS E O ALCALDE CARLOS COSTA INAUGURAN A FEIRA MULTISECTORIAL DE CAMPO LAMEIRO QUE DESAFIOU AS ALTAS TEMPERATURAS

O director xeral de Gandeiría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Silvestre José Balseiros Guinarte, o alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, e os concelleiros Alberto Maquieira, Nieves Boullosa e Delia Carramal inauguraron oficialmente a primeira Feira Multisectorial de Campo Lameiro que desafiou ás altas temperaturas e logrou atraer a numeroso público que visitou os 60 stands participantes nesta mostra que tamén serviu para facer unha lembranza e exaltación da augardente.

Paralelamente á celebración da Feira Multisectorial tiveron lugar exhibicións de cans guías que amosaron como se tutela e pastorea a un grupo de ocas ante a atenta mirada do público que se congregou nos arredores da Carballeira.

Outro dos atractivos da Feira Multisectorial foron os distintos obradoiros de pimentón, queixo, perforadores, arte rupestre e lume que estiveron moi concurridos polo público infantil que encheou coa súa participación estes espazos demostrativos.

A xornada contou coa animación musical de rúa a cargo da Charanga Os Encerellados que pese á intensa calor reinante durante todo o día non deixaron de tocar e trasladar ritmos frescos e trepidantes para manter o espírito de festa presente ao longo da mostra.

O xantar estivo atendido a través dun posto de polbo á feira servico por Pulpería A Fuchela así como diversos stands alimenticios, cervexa artesana, food trucks, xamoneiría, queixerías, etc.

José Balseiros salientou a capacidade e a iniciativa amosada polo Concello de Campo Lameiro para poñer en marcha esta primeira Feira Multisectorial e apostou “pola continuidade deste tipo de eventos que axudan a visibilizar moitos produtos elaborados no entorno rural e que precisan de canles para darse a coñecer e mesmo ampliar a súa rede de comercialización. Hai que felicitar ao alcalde e aos concelleiros polo traballo desenrolado e por atopar un espazo axeitado para a promoción dos nosos artesáns, dos nosos produtos e da inmensa calidade emprededora que atesoura o noso mundo rural”.

Pola súa banda, o alcalde Carlos Costa agradeceu aos expositores a confianza depositada no Concello de Campo Lameiro como organizador e tamén salientou a presenza importante de público que “desafiando á calor e mesmo apostando por nós, pola nosa xente e polos nosos emprendedores viñeron ata aquí para ver, participar e mercar os produtos que forman parte desta primeira Feria Multisectorial coa que queremos dinamizar social e económicamente o noso concello ofrecendo no mes de xullo unha alternativa para que a xente se achegue ata Campo Lameiro para coñecer estes produtos e mesmo completen unha xornada en familia, fagan turismo, se bañen no noso río e, en defitiniva, coñezan e disfruten do noso concello”, indicou o rexedor.

Na Feira Multisectorial hai stands de mel, cervexa artesanal, queixo, especias, productos da horta, gofres, vermú, conservas, zumes, queixos veganos con froitos secos, pan, empanadas, marmeladas, rosquillas artesanas, gominolas artesáns, cárnicas (chourizos, porco celta, carne cachena, galiña de Mos), plantas, frutais, xoiería, zocos, canteiría, bisutería, cosmética natural, xoguetes de madeira, impresión de camisetas, libros, inciensos naturais, amigurumis, flores de ganchillo, simboloxía celta, xabóns, colonias artesanais, madeira torneada, cosmética vegana e natural Juchheim, aceites, cremas, antigüidades, reloxos en vinilo, chaveiros, botellas, xoieiros, marcos, etc.

O broche final da celebración da Feira Multisectorial está protagonizado pola actuación musical de Galifunk Brass, unha agrupación que está a causar unha gran sensación entre os amantes da música en directo, con ritmo e virtuosismo.

 

Back to top
Situs sbobet resmi terpercaya. Daftar situs slot online gacor resmi terbaik. Agen situs judi bola resmi terpercaya. Situs idn poker online resmi. Agen situs idn poker online resmi terpercaya. Situs idn poker terpercaya.

situs idn poker terbesar di Indonesia.

List website idn poker terbaik.

Game situs slot online resmi

slot hoki terpercaya

Utilizamos Cookies propias y de terceros. Algunas son esenciales y necesarias para el correcto funcionamiento de la Web. Otras para optimizar su navegación, seguimiento en redes, publicidad y realizar tareas de análisis. Por favor gestione su uso a su gusto en el botón correspondiente. Puede cambiar la configuración y obtener más información: más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar