O CONCELLO DE O CAMPO LAMEIRO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O PROGRAMA CONCILIA+ 2026
O Concello de Campo Lameiro vén de abrir o prazo de inscrición para unha nova edición do Programa Concilia+2026, unha iniciativa destinada a facilitar a conciliación da vida laboral e familiar durante os meses de verán.
O programa está dirixido a familias con nenas e nenos de entre 3 e 12 anos de idade, sempre que xa estiveran escolarizados/as, e desenvolverase durante os meses de xullo e agosto, en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
Esta iniciativa conta co cofinanciamento da Deputación de Pontevedra dentro da liña de axudas para o fomento da igualdade e a prevención da violencia de xénero, e ofrecerá ás persoas participantes actividades de lecer, dinamización e atención especializada, que este ano serán desenvolvidas pola empresa AINDAMAIS Animación.
O Concello habilitará un total de 20 prazas para o mes de xullo e outras 20 para agosto. A inscrición realizarase por quincenas e o prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 15 de xuño ás 14:00 horas.
As solicitudes poderán presentarse presencialmente nas oficinas municipais, en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou ben a través da sede electrónica do Concello. Para poder garantir praza ás familias que precisen conciliar por motivos laborais, o prazo de presentación de solicitudes será ata o 15 de xuño ás 14:00 horas.
En canto ás tarifas, as familias empadroadas en Campo Lameiro deberán aboar 12,50 euros por quincena, mentres que no caso de dous irmáns o importe será de 22,50 euros. Para menores non empadroados/as, o custo será de 20 euros por quincena.
A documentación necesaria para formalizar a solicitude inclúe fotografía da/o menor, DNI —ou libro de familia ou certificado de nacemento no caso de non dispoñer del— e tarxeta sanitaria.
Unha vez rematado o prazo de inscrición, o Concello publicará a listaxe de persoas admitidas e as familias deberán formalizar a matrícula mediante ingreso bancario antes do 26 de xuño. Posteriormente celebrarase unha reunión informativa coas familias participantes.
As familias das/os menores admitidos, deberán formalizar a matrícula co pago correspondente mediante ingreso bancario antes do 26 de xuño na conta do Concello:
ABANCA – Nº DE CONTA: ES35 – 2080 – 0510 – 25 – 3110000102
Con esta iniciativa, o Concello de Campo Lameiro reafirma o seu compromiso co apoio ás familias e coa promoción de medidas que favorezan a conciliación e o benestar da infancia durante o período estival.
SOLICITUDE:
Solicitude Inscrición Concilia 2026
