O CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO INFORMA DO PROGRAMA OUTONO TERMAL POSTO EN MARCHA POLA XUNTA DE GALICIA
PROGRAMA OUTONO TERMAL
Trátase dun programa posto en marcha pola Xunta e a asociación Balnearios de Galicia para a reactivación do turismo termal en Galicia que se desenvolverá ata o 28 de novembro
O programa de outono oferta 709 prazas en 12 balnearios das catro provincias – 59 prazas por balneario-, para gozar de estadías de 10 días/ 9 noites en establecementos hoteleiros con tratamentos terapéuticos baixo prescrición médica
Persoas destinatarias:
Dirixido a pensionistas galegos ou residentes en Galicia.
Balnearios participantes:
A Coruña: Balneario de Carballo e Balneario de Compostela.
Lugo: Balneario de Lugo–Termas Romanas e Iberik Augas Santas Balneario & Golf.
Ourense: Balneario de Arnoia, Laias e Gran Balneario do Carballiño (con aloxamento no Hotel Derby ou no Hotel Lorenzo).
Pontevedra: Balnearios Acuña (Caldas de Reis), Dávila, Caldelas de Tui, Mondariz e Termas de Cuntis.
Solicitudes: Directamente no balneario (consultar dispoñiblidade chamando ao balneario elixido)
Prezos:
470 €/persoa para hoteis de 3* e superior
440 €/persoa para hoteis de 2*
355 €/persoa para hoteis de 1*