Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO FAI ENTREGA DUN PAR DE MÁSCARAS PERSONALIZADAS CO SEU NOME AO ALUMNADO DO CEIP PEDRO A. CERVIÑO

Membros da Corporación de Campo Lameiro encabezados polo alcalde, Carlos Costa Domínguez, fixeron entrega aos profesores do CEIP Pedro Antonio Cerviño, de un par de máscaras personalizadas cos nomes de todos e cada un dos alumnos e alumnas do centro co fin de que a partir do vindeiro martes podan ser distribuídos para que podan utiliza-las como medida de prevención fronte ao Covid-19.

 

A entrega foi feita no día de onte á directora, Ana Figueiras Folgar, e á profesora de inglés, Dolores Mato Cores, quen se encargaron de recepciona-lo material e depositalo no colexio para a súa desinfeción e periodo de “cuarentena” ata o martes para logo ser repartido a todos e cada un dos alumnos e alumnas do centro educativo.

 

Esta iniciativa levada a cabo polo Concello de Campo Lameiro se enmarca en toda unha serie de medidas adoptadas desde que se decretou o confinamento no pasado mes de marzo e que van orientada a preservar á súa poboación da pandemia. Nesta tarefa é salientable o esforzo e a dedicación dos operarios municipais para manter desinfectados os viais públicos de tódolas aldeas e parroquias así como os principais lugares de concentración humana no centro da vila como o entorno da farmacia, Abanca, Consistorio, o propio colexio, centro de saúde, etc.

 

A entrega dun par de máscaras a cada neno, confeccionadas pola empresa local “La Cortina de Patri”, que dirixe Patricia Fernández Viñas, pretende contribuír á prevención sanitaria dos cativos do municipio ao tempo que se lles personalizar cada unha delas co seu nome coa intención de facerlles máis atractivo a posta desta “nova indumentaria” que os acompaña durante moitas horas ao longo do día.

 

Estas máscaras están confeccionadas en tres capas e son de algodón 100% porque actúa como barreira mecánica contra os xérmenes. Son lavables a 60 graos de temperatura o que garante a eliminación de bacterias e virus. Recoméndase o seu secado ao sol como mellor método antiséptico.

 

Estes elementos de prevención sanitaria dispoñen dun filtro composto por tea non tecida de polipropileno, de alta resistencia, impermeabilidade e barreira protectora. Ten unha gramaxe de 70 grs./m2 e é un producto de alta resistencia mecánica e química, estabilidade dimensional e de cor, resisten á abrasión, non xera pelusilla nin fiunchos e tamén é resistente as altas temperaturas (non comeza a contraerse ata os 110º C e funde aos 130º C). O filtro é apto para 30 lavados e é de material hipoalerxénico.

 

O alcalde, Carlos Costa Domínguez, manifestou que “é unha iniciativa máis que estamos levando a cabo desde o mes de marzo co fin de previr e protexer aos nosos veciños e veciñas ata onde poidamos e, desde logo, para nós os nosos cativos son unha prioridade irrenunciable de aí que poñamos en marcha esta actuación coa que tamén queremos axudar ás familias, porque o das máscaras tamén é un gasto sobrevido que hai que asumir, e animar aos nosos pequenos a que vexan doutro xeito ás máscaras con cores máis vivos, máis adaptados a eles e personalizadas para que formen parte da súa cotidianidade do mellor xeito posible. Os nenos e nenas, frente á pandemia, estannos dando un exemplo para a nosa sociedade que temos que valorar e saber ponderar”, sinalou o rexedor.

 

Carlos Costa tamén agradeceu a “La Cortina de Patri” e á súa propietaria, Patricia Fernández Viñas, a súa contribución e traballo para que “os nosos nenos dispoñan destas máscaras feitas por xente de aquí, de Campo Lameiro, e para os nenos e nenas do noso municipio. O certo é que toda a veciñanza do noso concello estase comportando de dez polo que me sinto moi orgulloso como alcalde e como veciño”, concluíu o alcalde de Campo Lameiro.

Back to top