Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O ALCALDE DE CAMPO LAMEIRO PUBLICA UN BANDO SOBRE O CONSUMO RESPONSABLE DA AUGA NO MUNICIPIO

Como consecuencia da Resolución de data 12/08/2023 adoptada pola XUNTA DE GALICIA mediante a que resolveu activar o escenario de prealerta ou escaseza moderada na unidade territorial nº3 – Río Lérez e Ría de Pontevedra, este Concello publica o presente bando co obxecto de promover un consumo responsable de auga por parte de tódolos veciños e veciñas.

Así, fai saber que por parte deste Concello e na procura do interese público faise un chamamento á veciñanza para que tome conciencia da necesidade de facer un consumo racional, eficiente, responsable, axustado e solidario, evitando o uso abusivo ou innecesario da auga e poñendo en práctica as seguintes medidas:

 FACER UN USO RESPONSABLE DA AUGA POTABLE.

 RESTRINXIR CONSUMOS NON ESENCIAIS.

 PROHIBIR O ENCHIDO DAS PISCINAS PRIVADAS.

 PROHIBIR O REGO DE XARDÍNS E ZONAS VERDES PÚBLICAS E PRIVADAS.

 PROHIBIR O REGO E BALDEO DE RÚAS E BEIRARRÚAS CON AUGA POTABLE.

 PROHIBIR O LAVADO E LIMPEZA DE VEHÍCULOS A EXCEPCIÓN DO CAMIÓN DO LIXO.

As medidas indicadas estarán en vigor en tanto persista a situación de prealerta ou escaseza moderada de auga. O incumprimento poderá carrexar a aplicación de medidas sancionadoras.

RECOMENDACIÓNS DE CONTROL E AFORRO DE AUGA:

Pequenas accións que dan lugar a grandes resultados:

1.- Pecha a billa mentres te enxaboas as mans, te afeites ou te laves os dentes. Unha billa aberta consume ata 12 litros de auga por minuto.

2.- Dúchate en lugar de bañarte, e pecha a billa mentres te enxaboas. Aforrarás 150 litros de media.

3.- Non uses o inodoro coma cubo de lixo. Aforrarás de 6 a 12 litros de auga cada vez que baleires a cisterna.

4.- Utiliza a lavadora e máis o lavalouzas coa carga completa e o programa adecuado. Ao lavar a man consumes un 40% máis de auga.

5.- Repara as billas. Evita que pinguen. Aforrarás unha media de 170 litros de auga ao mes.

6.- Se é posible, utiliza cisternas de dobre carga, para usar só a auga que precises. Podes reducir o consumo de auga á metade.

7.- Ponte en contacto co Concello para comunicar calquera perda de auga que detectes.

CONTAMOS COA TÚA COLABORACIÓN PARA EVITAR OS CORTES PUNTUAIS NO SUBMINISTRO DE AUGA E AS POSIBLES SANCIÓNS POR USOS IRRESPONSABLES.

O que se fai publico para xeral coñecemento e demais efectos.

BANDO:

BANDO AUGA 2023

Back to top