Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O ALCALDE DE CAMPO LAMEIRO INSPECCIONA AS OBRAS DE MELLORA NA SEGURIDADE VIARIA EN MOIMENTA, NA EP-8305 CHACENTE-MORILLAS-SAN ISIDRO

O alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, e a concelleira Eva Campos realizaron unha inspección ás obras de mellora na seguridade viaria nan parroquia de Moimenta, na EP-8305 Chacente-Morillas-San Isidro, onde puideron comprobar que avanzan a bo ritmo, sobre todo o muro de pedra en mampostería que dá acceso ao recinto relixioso e que tamén dá maior seguridade aos peóns que transiten pola estrada.

 

Esta actuación, financiada pola Deputación de Pontevedra, contempla un investimento de 82.199,06 euros e permitirá realizar un proceso de mellora na seguridade vial nesta zona a través da colocación de elementos de calmado de tráfico, como os lombos, así como unha renovación da sinalización horizontal para que dispoña dunha mellor visibilidade tanto para os automobilistas como os peóns que utilizan habitualmente a EP-8305.

 

O alcalde, Carlos Costa, salientou a importancia desta actuación para mellora-la seguridade vial desta zona moi concurrida e que dá acceso a un entorno histórico artístico presidido pola igrexa parroquial de Moimenta, a súa praza así como polos muíños existentes nas inmediacións que son obxecto estes días da presenza de numerosos turistas e visitantes que se achegan para coñecer estes elementos do patrimonio etnográfico e relixioso de Campo Lameiro.

 

Carlos Costa salientou a importancia de levar a cabo procesos de humanización e mellora dos entornos rurais do municipio e felicitou aos operarios da empresa adxudicataria das obras polo ritmo e o traballo realizado para lograr unha mellor integración das obras a realizar co entorno rural e arquitectónico no que se actúa.

Back to top