Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

GALIFUNK, MANOELE DE FELISA E A RODA SERÁN OS PRATOS FORTES MUSICAIS DA SEMANA CULTURAL DE CAMPO LAMEIRO

Galifunk, Manoele de Felisa e A Roda compondrán as principais actuacións musicais que presidirán este ano o desenrolo da Semana Cultural do Concello de Campo Lameiro. A maxia, contos musicais, a pintura e o humor desenfadado da Charanga Os Encerellados completarán un amplo programa que terá lugar entre o 1 e o 5 de setembro na capital galega da arte rupestre.

Este ambicioso programa comezará o mércores 1 de setembro coa chegada ás 20:30 horas á Praza do Concello do espectáculo para público familiar e infantil “Un conto musical”. No caso de choiva trasladarase ao auditorio Sobrino Buhigas.

Ao día seguinte, o 2 de setembro, tomará o relevo, tamén ás 20:30 horas na Praza do Concello, “Os contos da Galicia máxica”, con Marta Ortiz. Esta actividade está pensada para público de tódalas idades e en caso de que haxa mal tempo trasladarase ao auditorio Sobrino Buhigas.

O 3 de setembro terá lugar a actividade para nenos e nenas “Mulleres Pintoras”. Terá lugar ás 20:30 horas na Praza do Concello e tamén se prevé trasladalo ao auditorio Sobrino Buhigas no caso de que se produza a chegada da choiva.

O sábado 4 de setembro ás 19 horas chegará a maxia á Praza do Concello co espectáculo para tódalas idades “Maxia para soñar” co Mago Marco. Ás 21 horas, toma o relevo o concerto de Galifunk, na Praza do Concello cun espectáculo musical moi agardado en Campo Lameiro.

O 5 de setembro ás 19 horas terá lugar o concerto de Manoele de Felisa, na Praza do Concello, coa presentación do seu último espectáculo musical “Cancioneiro do Camiño”.

A música seguirá ás 21:30 horas co concerto do mítico grupo folk galego “A Roda” previa actuación, como “teloneiros”, da charanga local “Os Encerellados” que entreterán ao público mentras se adapta o escenario da Praza do Concello ás necesidades organizativas dos músicos de “A Roda”.

Todas as actividades estarán presididas polo estricto seguemento do protocolo sanitario e de prevención da Covid-19 e nos concertos débense respectar tamén as limitacións de aforo previstas pola organización para que poidan ser contemplados coa seguridade debida.

 

Back to top