CONTRATACIÓN LABORAL DE TRABALLADORES AO ABEIRO DO PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS DA DEPUTACIÓN
O Concello de Campo Lameiro fai saber que ao abeiro da Liña 3. Emprego para a conservación e o funcionamento de bens e servizos municipais, do Plan Concellos 2021 da Deputación Provincial de Pontevedra, vai proceder á contratación de 5 desempregados coas seguintes características:
- 2 PEÓNS FORESTAIS, cunha duración de 9 meses e 2 semanas, cunha xornada de 35 horas semanais.
- 1 ALBANEL, cunha duración de 9 meses e 2 semanas, cunha xornada de 35 horas semanais.
- 1 CONDUCTOR/A TRACTORISTA, cunha duración de 9 meses e 2 semanas, cunha xornada de 35 horas semanais.
- 1 ANIMADOR/A SOCIOCULTURAL-BIBLIOTECARIO/A, cunha duración de 9 meses e 2 semanas, cunha xornada de 35 horas semanais.
Os traballadores serán seleccionados a través da presentación da correspondente oferta pública na Oficina de Emprego de Pontevedra- Bisbarra e os beneficiarios deberan ser persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego.”·
Todas as persoas interesadas e que cumpran os requisitos esixidos, deberán inscribirse na Oficina de Emprego de Pontevedra-Bisbarra nas categorias antes mencionadas.