Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

DATOS DE INTERESE

Ano de Fundación: 1979

Socios: 182 socios

Presidente fundador: Julio Prieto Castro (Q.E.P.D.)

Presidente actual: Jesús María García Ameijeiras

Directiva actual: Dolores Torres, Manuel Martínez, José Manuel Senra, Gonzalo Martínez, Enrique Prieto, Lino Valiño, Xavier Orozco, Mateo García e Iván Bernárdez.

INSTALACIÓNS

Campo Municipal de A Chanciña: Campo de herba sintética cunhas medidas de 100 m. x 58 m., dotado con 6 vestiarios para xogadores, 3 vestiarios para árbitros, marcador electrónico e asentos para 270 espectadores. O campo foi reinaugurado como campo de herba artificial en decembro do 2009 (antes era de terra) e os novos vestiarios foron inaugurados en marzo do 2015.

Pabellón Municipal: Instalación onde compite a sección de Fútbol sala do Campo Lameiro C.D.

EQUIPACIÓN

Primeira Equipación

Camiseta Verde – Pantalón Blanco – Medias Verdes

Segunda Equipación

Camiseta Blanca – Pantalón Verde – Medias Blancas

PALMARÉS

Equipo Sénior – Tempadas en Preferente: 1 tempada

Equipo Sénior – Tempadas en 1ª Autonómica: 6 tempadas

Equipo Sénior – Tempadas en 2ª Autonómica: 13 tempadas

Equipo Sénior – Tempadas en 3ª Autonómica: 21 tempadas

1 Subcampeonato de 1ª Autonómica na tempada 2016-17

Campión de 2ª Autonómica na tempada 2013-14

2 Veces campión de 3º Autonómica nas tempadas 1981-82 e 1996-97.

1 Subcampeonato de 3º Autonómica na tempada 2006-07.

Campión Liga Cadete Fútbol sala na tempada 2014-15.

Subcampión Copa Local Cadete de Fútbol sala na tempada 2017-18.

1 Subcampeonato Segunda Local Xuvenil de Fútbol sala na tempada 2019-20.

3 Veces Campión do Torneo Julio Prieto.

2 Vez Campión do Trofeo Frutos Secos El Nogal.

HISTORIA

A orixe do Campo Lameiro C.D. data da campaña 1979/1980, momento no que varios rapaces que militaban en equipos federados da zona decidiron xuntarse e formar un equipo propio no seu pobo, o 11/06/1979 inscríbese na Federación Galega de Fútbol e o 21/10/1979 debuta en competición oficial enfrontándose ao Atlético César en Terceira Rexional, por aquela época Julio Prieto era o presidente. A entidade callou unha boa estrea e a liña ascendente que tivo nas súas 2 primeiras tempadas posibilitou que o club alcanzase o seu primeiro ascenso na tempada 1981-82.

A Segunda Rexional deu a benvida ao Campo Lameiro na tempada 1982-83. O equipo reforzouse, dentro das súas posibilidades, e puido manterse ata a tempada 1983-84, tempada na que volveu caer no pozo da Terceira Rexional.

Durante este longo período de tempo, a entidade traballou na creación das categorías inferiores, sufriu ata cinco cambios na presidencia e na tempada 1996-97, con Julio Prieto de novo ao mando, o Campo Lameiro regresou á Segunda Rexional. Ademais do esforzo realizado polo dirixente, gran parte da culpa deste éxito tívoa Javier García Barrio, ex futbolista do Pontevedra, Arousa e preparador do equipo naquela tempada.

Punto de inflexión

O conxunto pontevedrés logrou manterse durante catro anos na Segunda Rexional, na tempada 2000-01 consumouse o segundo descenso e tras pasar uns anos moi complicados, na campaña 2004-2005 produciuse o punto de inflexión no devir da entidade. Ademais da chegada de catro deportistas de primeiro nivel (Iván, Luís, Fumega e Porteliña), o club apostou por José Alberto Monteagudo, “Berto”, para liderar o novo proxecto deportivo.

No seu primeiro ano á fronte do barco, Berto situou ao equipo na terceira posición da táboa clasificatoria e acariñou o salto de categoría, obxectivo que si alcanzaría dous exercicios máis tarde ao derrotar ao Dorrón e ao Figueirido na loita por unha praza na Segunda Autonómica, categoría na que se foi afianzando cada vez máis ata que na tempada 2013-14 consegue ascender por primeira vez a Primeira Autonómica proclamándose ademais campión e conseguindo o ascenso varias xornadas antes de que finalizase o campionato.

O equipo inicia a súa andaina en Primeira Autonómica na tempada 2014-15 competindo moi ben e conseguindo terminar as súas 2 primeiras tempadas clasificado en 10ª posición.

A tempada 2015-16 está marcada por unha revolución no persoal que empeza pola marcha por motivos laborais de “Berto, o eterno adestrador do Campola” e un dos máximos culpables do afianzamento do Club e de numerosos xogadores. O que en principio prevíase como unha tempada moi complicada, terminou sendo ao final una das mellores tempadas do club en toda a súa historia, xa que os homes de Romario e Hugo conseguiron o fito histórico de levar ao Campola á Preferente.

A tempada 2016-17 será sen dúbida, inesquecible para o noso Club, lamentablemente non demos conseguido manter a categoría a pesar de quedar nunha dignísima 16ª posición pero debido a arrastres de equipos de superior categoría, o equipo descende de novo a Primeira Autonómica.

Pese ao descenso, a estancia en Preferente quedará para sempre marcada na historia do noso Club por posibilitar que xogadores lenda do Club como Arias, Fontán, Bruno, Sergio, Bertiño ou Toto tivesen a oportunidade de defender as cores do Campo Lameiro contra equipos como o VDE Ourense, O Porriño Industrial ou o Estradense ou ter o privilexio de xogar nun campo histórico como “O Couto” en Ourense.

As 2 últimas tempadas, a 2018-19 e a 2019-20, o equipo volveu competir en Primeira Autonómica loitando en ambas as tempadas polos postos altos da táboa clasificatoria.

Polo que respecta ás categorías inferiores o Club loita, tempada tras tempada, coa difícil misión de tentar competir en varias categorías co gran hándicap que supón a pouca poboación da que dispón o noso concello.

O primeiro equipo base do Campo Lameiro data da tempada 1983-84 na que o club federou por vez primeira un equipo en categoría xuvenil, dende esa época ata a tempada 2010-11 na que o club consegue saír a competir con 2 equipos basee (alevíns e benxamíns), vanse alternando tempadas con 1 equipo basee (en categoría cadete ou xuvenil) ou con ningún.

O arranque do fútbol base ten un motivo principal, o campo de herba sintética inaugurado en decembro do 2009 e que posibilitou que o club poida competir en fútbol 8, categorías nas que, non sen esforzo, é capaz de xuntar equipos de 1, 2 ou ata 3 categorías, iso si, coa particularidade de que ao chegar á categoría infantil, os nosos nenos teñen que deixar o Fútbol 8 para pasarse ao Fútbol sala, categoría na que o noso Club alcanzou os seus maiores éxitos dentro do Fútbol Basee e que son un título de campión na liga Local Cadete de Fútbol sala da tempada 2014-15, un subcampeonato da Copa Local Cadete de Fútbol sala na tempada 2017-18 e o subcampeonato na Segunda Local de Xuvenís de Fútbol sala da tempada 2019-20.

MEMORIA DEPORTIVA CAMPO LAMEIRO C.D. – TEMPORADA 2019-2020

Como breve introducción ós logros acadados polos equipos do Campo Lameiro C.D. quixera destacar o feito de que Campo Lameiro é un dos concellos con menos poboación da nosa provincia, e que pese a este difícil contratempo o noso equipo foi quen de poner a competir a 6 equipos en competicións federadas.

O Campo Lameiro C.D. participou na temporada 2019-2020 en competicións federadas, todas elas organizadas pola Federación Gallega de Fútbol, nas seguintes categorías e modalidades:

  • Categoría Sénior: O noso equipo compiteu no Grupo 5º da Primeira Autonómica de Fútbol 11, competición na que terminou 10º clasificado e na que tivo que competir con equipos da Delegación de Futbol de Pontevedra e Vigo.

O Campo Lameiro C.D. Sénior contou na temporada 2019-2020 con 21 xogadores e 4 técnicos.

  • Categoría Xuvenil: O noso equipo compiteu na Liga Local de Fútbol Sala de Vigo, quedando clasificado para competir no Grupo da Segunda División da Liga Local, competición na que quedou clasificado en 2ª posición competindo con equipos das delegacións de Vigo, Ourense e Pontevedra.

O Campo Lameiro C.D Xuvenil contou na temporada 2019-2020 con 11 xogadores e 2 técnicos.

  • Categoría Infantil: O noso equipo compiteu na Liga Local de Fútbol Sala de Pontevedra, quedando clasificado en 9ª posición.

O Campo Lameiro C.D. Infantil contou na temporada 2019-2020 con 9 xogadores e 1 técnico.

  • Categoría Alevín: O noso equipo compiteu na modalidade de Fútbol 8 quedando na fase previa clasificado para xogar no Grupo 62ª da Terceira Galicia, competición na que quedou clasificado en 9ª posición.

O Campo Lameiro C.D. Alevín contou na temporada 2019-2020 con 10 xogadores e 1 técnico.

  • Categoría Prebenxamín: O noso equipo compiteu na Liga Local de Fútbol Sala de Pontevedra, quedando clasificado para competir na Primeira División da Liga Local, competición na que quedou clasificado en 9ª posición.

O Campo Lameiro C.D. Prebenxamín contou na temporada 2019-2020 con 9 xogadores (7 nenos e 2 nenas) e 2 técnicos.

  • Categoría Veteranos: o equipo de Veteranos do Campo Lameiro C.D. participou no Grupo 1 de Terceira Galicia, rematando a competición clasificado na 13ª posición.

O Campo Lameiro C.D. Veteranos contou na temporada 2019-2020 con 19 xogadores.

Back to top

Utilizamos Cookies propias y de terceros. Algunas son esenciales y necesarias para el correcto funcionamiento de la Web. Otras para optimizar su navegación, seguimiento en redes, publicidad y realizar tareas de análisis. Por favor gestione su uso a su gusto en el botón correspondiente. Puede cambiar la configuración y obtener más información: más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar