A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONVOCA AXUDAS BÁSICAS DE EMERXENCIA PARA O EXERCICIO 2022
O Concello de Campo Lameiro informa das Axudas Básicas de Emerxencia Social 2022 que pon en marcha a Deputación Provincial de Pontevedra e que se orientarán ás seguintes tipoloxías:
A Deputación Provincial de Pontevedra convoca Axudas Básicas de Emerxencia para o exercicio 2022 da seguintes tipoloxías:
1. ALIMENTACIÓN, PRODUTOS DE LIMPEZA E HIXIENE
2. USO DA VIVENDA: débedas de alugueiro, hipoteca e acondicionamento.
3. PAGAMENTO DE SUBMINISTROS BÁSICOS: electricidade, gas ou auga.
4. PRODUTOS FARMACÉUTICOS
5. ADQUISICIÓN DE ELECTRODOMÉSTICOS BÁSICOS
6. PAGAMENTO DE DESPRAZAMENTOS para recursos asistenciais e básicos.
7. ADQUISICIÓN DE PRODUTOS DE APOIO, lentes, audífonos, tratamentos odontolóxicos, etc
8. ADQUISICIÓN DE ROUPA E CALZADO 9. AXUDAS DE APOIO Á INFANCIA
Os requisitos para acceder a este tipo de axudas réxense pola Ordenanza municipal de emerxencia social publicada no BOPPO do 04/08/2016.
INFORMACIÓN E SOLICITUDES: luns, mércores e venres no Departamento de Servizos Sociais ata o 01/12/2022.