CONTRATACIÓN LABORAL DE TRABALLADORES/AS, AO ABEIRO DO PLAN CONCELLOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
O Concello de Campo Lameiro fai saber que ao abeiro da Liña 3. Emprego para a conservación e o funcionamento de bens e servizos municipais, do Plan Concellos 2021 da Deputación Provincial de Pontevedra, vai proceder á contratación de varios desempregados en base a únha subvención recibida do ente provincial de 84.975,99 euros coas seguintes características:
2 peóns forestais, 1 albanel en xornada de 35 h/sem. durante 9 meses e dúas semanas; 1 peón forestal, 1 peón albanel e 1 animador/a sociocultural en xornada de 35 h/sem. durante 8 meses; 1 peón de limpeza en xornada de 35 h/sem. durante 5 meses e unha semana e 2 monitores/as deportivos-socorristas en xornada de 40 h/sem. durante 2,5 meses.
Os traballadores serán seleccionados a través da presentación da correspondente oferta pública na Oficina de Emprego de Pontevedra- Bisbarra e os beneficiarios deberan ser persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego.”·
Todas as persoas interesadas e que cumpran os requisitos esixidos, deberán inscribirse na Oficina de Emprego de Pontevedra-Bisbarra nas categorias antes mencionadas.
BASES DA CONTRATACIÓN:
BASES DE CONTRATACION PLAN CONCELLOS 2021
_Resolución_Decreto_Aprobando a Lista definitiva
RECTIFICACIÓN:
RECTIFICACION
RESULTADOS:
20210428145945
CORRECCIÓN DE ERROS:
20210519122556