{"id":6527,"date":"2023-07-06T22:56:56","date_gmt":"2023-07-06T20:56:56","guid":{"rendered":"https:\/\/campolameiro.org\/?p=6527"},"modified":"2023-07-07T09:32:47","modified_gmt":"2023-07-07T07:32:47","slug":"o-alcalde-e-membros-do-comite-organizador-presentan-a-segunda-andaina-concello-de-campo-lameiro-a-beneficio-da-fundacion-andrea-que-se-celebrara-o-17-de-setembro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/o-alcalde-e-membros-do-comite-organizador-presentan-a-segunda-andaina-concello-de-campo-lameiro-a-beneficio-da-fundacion-andrea-que-se-celebrara-o-17-de-setembro\/","title":{"rendered":"O ALCALDE E MEMBROS DO COMIT\u00c9 ORGANIZADOR PRESENTAN A SEGUNDA ANDAINA CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO A BENEFICIO DA FUNDACI\u00d3N ANDREA QUE SE CELEBRAR\u00c1 O 17 DE SETEMBRO"},"content":{"rendered":"<p>O alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, e varios membros do Comit\u00e9 Organizador presentaron a \u201cII Andaina Concello de Campo Lameiro\u201d, que se celebrar\u00e1 o domingo 17 de setembro sobre tres trazados: un longo de 23 quil\u00f3metros, outro medio, de 14 quil\u00f3metros e un curto de 8 quil\u00f3metros. Esta iniciativa permitir\u00e1 tam\u00e9n, cos fondos que se recauden por participar, axudar \u00e1 Fundaci\u00f3n Andrea de apoio a nenos e nenas con enfermidades de longa duraci\u00f3n, cr\u00f3nicas e terminais.<\/p>\n<p>No acto de presentaci\u00f3n, o alcalde Carlos Costa compareceu con varios membros do Comit\u00e9 Organizador entre os que estaban M\u00f3nica\u00a0 Arza, \u00a0Candido Carramal, Fernando Caldas, Jes\u00fas Garc\u00eda e Paula Pazos, encargados de varios departamentos e cometidos dentro do complicado e laborioso proceso de organizaci\u00f3n desta actividade.<\/p>\n<p>As\u00ed, esta proba pedestre non competitiva pretende promocionar tam\u00e9n dos distintos lugares e paraxes marabillosos que conforman o patrimonio natural e medioambiental do concello de Campo Lameiro, Capital do Turismo Rural 2023, e a organizaci\u00f3n estableceu un percorrido circular con varios postos de avituallamento para facilitar que os participantes estean perfectamente atendidos ao longo de toda andaina.<\/p>\n<p>O percorrido establecido pola organizaci\u00f3n contempla un desnivel positivo de 860 metros para a distancia longa de 23 quil\u00f3metros, que ter\u00e1 tam\u00e9n habilitados 3 avituallamentos. No caso do trazado medio, de 14 quil\u00f3metros, dispor\u00e1 de dous avituallamentos e no curto, de 8 quil\u00f3metros, un.<\/p>\n<p>Para incentivar a inscrici\u00f3n neste evento deportivo e tur\u00edstico, a organizaci\u00f3n estableceu varios sorteos de produtos doados por establecementos comerciais da contorna entre todos os dorsais inscritos, que ter\u00e1n que abonar 10 euros por participar en concepto de seguros, etc. 5 euros de cada inscrici\u00f3n ir\u00e1n destinados \u00edntegramente \u00e1 Fundaci\u00f3n Andrea de apoio a nenos e nenas con enfermidades de longa duraci\u00f3n, cr\u00f3nicas e terminais.<\/p>\n<p>As inscrici\u00f3ns deber\u00e1n facilitarse a trav\u00e9s da p\u00e1xina web <a href=\"http:\/\/www.galitiming.com\">www.sportmaniacs.com<\/a> e so polo feito de participar os inscritos recibir\u00e1n unha camisola de agasallo por parte da organizaci\u00f3n, que respectar\u00e1 a talla aos primeiros 300 inscritos. Tam\u00e9n habilitaranse senllas Apps para Android e IOs nos seguintes enderezos:<\/p>\n<p><strong>APP SAUDETER LIVE:<\/strong><\/p>\n<p><strong>ANDROID <\/strong><\/p>\n<p>https:\/\/play.google.com\/store\/apps\/details?id=com.sportmaniac_live_app_android.saudeter<\/p>\n<p><strong>IOS<\/strong><\/p>\n<p>https:\/\/apps.apple.com\/es\/app\/saudeter\/id1533790801<\/p>\n<p>Ao remate deste evento tur\u00edstico-deportivo a organizaci\u00f3n servir\u00e1 un aperitivo a base de pinchos nos que haber\u00e1 empanada, mexill\u00f3ns e callos que poder\u00e1n ser degustados e acompa\u00f1ados por bebidas refrescantes doadas polos establecementos colaboradores.<\/p>\n<p>Segundo manifestou o alcalde de Campo Lameiro, \u201cseguimos apostando polas pr\u00e1cticas saudables e por facer protagonista destas actividades \u00e1 nosa paisaxe que \u00e9 excelente como o testemu\u00f1a o feito de que este ano nos concederan a distinci\u00f3n como Capital do Turismo Rural de Espa\u00f1a 2023. Este ser\u00e1 tam\u00e9n un aliciente m\u00e1is, xunto co solidario, para participar neste proba non competitiva\u201d, indicou ou rexidor.<\/p>\n<p><strong>REGULAMENTO DA <\/strong><strong>II ANDAINA DE CAMPO LAMEIRO 2023<\/strong><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<p>A andaina conta con 3 distancias: 8 Kms, 14 kms e 23 kms. O principal obxectivo desta proba \u00e9 fomentar, entre todos os veci\u00f1os e participantes, a pr\u00e1ctica do sendeirismo como un dos pilares dunha vida saudable, e visibilizar o traballo realizado pola Fundaci\u00f3n Andrea.<\/p>\n<p><strong>DATA E HORA DA PROBA<\/strong><\/p>\n<p>A proba ter\u00e1 lugar o domingo 17 de setembro 2023 \u00e1s 9.00 horas a ruta longa e 9:30 h a ruta media e a curta. Tanto a sa\u00edda coma a chegada ser\u00e1 desde a Praza do Concello s\/n (centro da vila).<\/p>\n<p><strong>RECOLLIDA DOS DORSAIS<\/strong><\/p>\n<p>Os dorsais poderanse recoller o domingo 17 a partir 7:30 horas ata as 8:45 h. ruta longa e 9:15 h. ruta media e curta na Praza do Concello s\/n.<\/p>\n<p><strong>PERCORRIDO<\/strong><\/p>\n<p>Transcorrer\u00e1 integramente dentro do concello de Campo Lameiro e ser\u00e1 na s\u00faa pr\u00e1ctica totalidade por cami\u00f1os e pistas cruzando en varias ocasi\u00f3ns algunha estrada local ou comarcal. Nestes puntos haber\u00e1 que prestar atenci\u00f3n e seguir as indicaci\u00f3ns dos voluntarios e axentes da autoridade. Todo aquel que non siga as instruci\u00f3ns quedar\u00e1 inmediatamente exclu\u00eddo e deber\u00e1 abandonar a proba. A todos os participantes se lle facilitar\u00e1 un mapa co detalle do percorrido. E fundamental ter en conta o medio polo que nos imos mover, especialmente nos tramos a beira do r\u00edo, xa que existe a probabilidade de esvarar e caer polas pedras pola humidade existente.<\/p>\n<p><strong>PERFIL<\/strong><\/p>\n<p>Tanto a proba de 8 kms. ou 14 kms., como especialmente a de 23 kms., ter\u00e1n lugar sobre un terreo nalgunhas ocasi\u00f3ns accidentados e con ascensi\u00f3ns. \u00c9 preciso ter un m\u00ednimo de forma f\u00edsica para a proba de 8 kms. ou\u00a0 14 kms., e no caso da proba m\u00e1is longa ser\u00e1 necesario estar en boa forma xa que o desnivel positivo \u00e9 de aproximadamente 860 metros.<\/p>\n<p><strong>INSCRIPCI\u00d3NS<\/strong><\/p>\n<p>Poder\u00e1n participar todas as persoas que o desexen cun l\u00edmite de 600 participantes. Os menores de 16 anos deber\u00e1n ir acompa\u00f1ados en todo momento por unha persoa responsable maior de idade. A inscrici\u00f3n poderase facer ata o dia 7\u00a0 de setembro na p\u00e1xina <strong>sportmaniacs.com<\/strong> o prezo \u00e9 de 10 \u20acuros.<\/p>\n<p>Non se devolver\u00e1 o importe da inscrici\u00f3n salvo causas de forza maior, debidamente xustificadas e apreciadas pola organizaci\u00f3n deste evento.<\/p>\n<p>Deste prezo, a organizacion da andaina comprom\u00e9tese a colaborar coa Fundaci\u00f3n Andrea con 5\u20ac por participante. Habilitarase unha fila cero para calquera persoa que queira facer a s\u00faa achega a favor desta causa.<\/p>\n<p><strong>SINALIZACI\u00d3NS E CONTROIS<\/strong><\/p>\n<p>O percorrido estar\u00e1 sinalizado con bandeirolas amarelas e vermellas.<\/p>\n<p>A organizaci\u00f3n poder\u00e1 cambiar os tempos de corte en funci\u00f3n das condici\u00f3ns do terreo, dichas modificaci\u00f3ns ser\u00e1n comunicadas antes do inicio da proba.<\/p>\n<p>Os participantes portar\u00e1n o dorsal nun sitio claramente visible, preferentemente no peito.<\/p>\n<p>A 1:30 no cruce de Praderrei habera un corte e todo participante que non ao rebasara tera que abandonar o percorrido ou de querer seguir devolver\u00e1 o dorsal<\/p>\n<p><strong>AVITUALLAMENTOS<\/strong><\/p>\n<p>Haber\u00e1 3 avituallamentos para os\/as participantes da ruta longa (San Antonio, PAAR, Lodeiro), 2 para os da ruta media (PAAR, Lodeiro) e 1 para a curta (PAAR). En todos haber\u00e1 l\u00edquido e s\u00f3lido.<\/p>\n<p><strong>ABANDONO<\/strong><\/p>\n<p>O abandono realizarase nalg\u00fan dos postos de control ou avituallamento informando para elo o persoal da organizaci\u00f3n. Se por causa de lesi\u00f3n ou accidente o participante quedara inmobilizado deber\u00e1 avisar \u00e1 organizaci\u00f3n ou a outro participante que a s\u00faa vez informar\u00e1 \u00e1 organizaci\u00f3n.<\/p>\n<p>A organizaci\u00f3n reservase o dereito a realizar as modificaci\u00f3ns que estime oportunas no percorrido e programa, as\u00ed como a suspensi\u00f3n da proba se as condici\u00f3ns meteorol\u00f3xicas o obrigan ou por outro caso de forza maior.<\/p>\n<p>A organizaci\u00f3n declina toda a responsabilidad\u00a0\u00a0 da participaci\u00f3n de animales dom\u00e9sticos\u00a0 na proba.<\/p>\n<p>Os participantes est\u00e1n obrigados a auxiliar os accidentados as\u00ed como a dar aviso \u00e1 organizaci\u00f3n.<\/p>\n<p>A inscrici\u00f3n na andaina conleva a cesi\u00f3n e autorizaci\u00f3n das imaxes que a organizaci\u00f3n realice durante o transcurso da proba<\/p>\n<p><strong>DESCUALIFICACI\u00d3N<\/strong><\/p>\n<p>Quedar\u00e1 descualificado, con todo o que sup\u00f3n, todo aquel que:<\/p>\n<p>Non cumpra o presente regulamento.<\/p>\n<p>Non pase polos controis establecidos.<\/p>\n<p>Non complete a totalidade do percorrido na opci\u00f3n na que estea inscrito.<\/p>\n<p>Corra con outro dorsal ou falsifique os datos de inscrici\u00f3n.<\/p>\n<p>Non siga as indicaci\u00f3n da organizaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Todo aquel que deteriore ou ensucie o entorno non poder\u00e1 participar en sucesivas edici\u00f3ns.<\/p>\n<p><strong>RECOMENDACI\u00d3NS<\/strong><\/p>\n<p>Estamos ante unha proba de dificultade media-alta que discorre por unha zona de natureza que en casos non ten presenza humana habitualmente. Por todo iso recomendase estar en boa condici\u00f3n f\u00edsica, e especialmente se chove ter en conta o perigo das zonas t\u00e9cnicas e con pedras na beira do cauce do r\u00edo. Recomendamos o uso de:<\/p>\n<p>Calzado e vestimenta adecuada para a monta\u00f1a.<\/p>\n<p>Recipiente para l\u00edquido.<\/p>\n<p>Gorra o sombreiro, gafas de sol e crema de protecci\u00f3n solar.<\/p>\n<p>Chifre.<\/p>\n<p>M\u00f3bil con bater\u00eda.<\/p>\n<p>A proba conta cos seguros que marca a lexislaci\u00f3n actual pero declina toda responsabilidade no caso dun accidente por neglixencia as\u00ed como dos obxectos que porte cada participante.<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignnone size-medium wp-image-6535\" src=\"https:\/\/campolameiro.org\/wp-content\/uploads\/2023\/07\/43cd3dee-cc76-428f-bc25-0a674e57ba0d-212x300.jpg\" alt=\"\" width=\"212\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/campolameiro.org\/wp-content\/uploads\/2023\/07\/43cd3dee-cc76-428f-bc25-0a674e57ba0d-212x300.jpg 212w, https:\/\/campolameiro.org\/wp-content\/uploads\/2023\/07\/43cd3dee-cc76-428f-bc25-0a674e57ba0d-724x1024.jpg 724w, https:\/\/campolameiro.org\/wp-content\/uploads\/2023\/07\/43cd3dee-cc76-428f-bc25-0a674e57ba0d-768x1086.jpg 768w, https:\/\/campolameiro.org\/wp-content\/uploads\/2023\/07\/43cd3dee-cc76-428f-bc25-0a674e57ba0d-1086x1536.jpg 1086w, https:\/\/campolameiro.org\/wp-content\/uploads\/2023\/07\/43cd3dee-cc76-428f-bc25-0a674e57ba0d.jpg 1131w\" sizes=\"(max-width: 212px) 100vw, 212px\" \/><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, e varios membros do Comit\u00e9 Organizador presentaron a \u201cII Andaina Concello de Campo Lameiro\u201d, que se celebrar\u00e1 o domingo 17 de setembro sobre tres trazados: un longo de 23 quil\u00f3metros, outro medio, de 14 quil\u00f3metros e un curto de 8 quil\u00f3metros. Esta iniciativa permitir\u00e1 tam\u00e9n, cos fondos que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":8,"featured_media":6528,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[57],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6527"}],"collection":[{"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/8"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6527"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6527\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":6537,"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6527\/revisions\/6537"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/6528"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6527"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6527"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6527"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}