{"id":5787,"date":"2021-12-04T19:32:17","date_gmt":"2021-12-04T18:32:17","guid":{"rendered":"https:\/\/campolameiro.org\/?p=5787"},"modified":"2021-12-04T19:35:15","modified_gmt":"2021-12-04T18:35:15","slug":"o-concello-de-campo-lameiro-otorgo-durante-este-ano-que-esta-a-piques-de-rematar-6-axudas-a-natalidade-por-importe-de-500-euros","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/o-concello-de-campo-lameiro-otorgo-durante-este-ano-que-esta-a-piques-de-rematar-6-axudas-a-natalidade-por-importe-de-500-euros\/","title":{"rendered":"O CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO OTORGOU DURANTE ESTE ANO QUE EST\u00c1 A PIQUES DE REMATAR 6 AXUDAS \u00c1 NATALIDADE POR IMPORTE DE 500 EUROS"},"content":{"rendered":"<p>O Pleno da Corporaci\u00f3n Municipal do Concello de Campo Lameiro aprobou por unanimidade dos seus membros presentes a sexta axuda \u00e1 natalidade e para o fomento do empadroamento que se otorga neste ano 2021 e que supor\u00e1 un aporte econ\u00f3mico de 500 euros a satisfacer en d\u00faas anualidades de 250 euros.<\/p>\n<p>Os tres grupos pol\u00edticos con representaci\u00f3n na Corporaci\u00f3n Municipal acordaron tam\u00e9n revisar de inmediato esa cuant\u00eda para que a partir do ano 2022 as familias que se acollan a esta li\u00f1a de subvenci\u00f3ns poidan recibir unha maior cuant\u00eda econ\u00f3mica. Os voceiros municipais quedaron en consensuar unha proposta conxunta de modificaci\u00f3n da ordenanza vixente co fin de que poida ter unha inmediata aplicaci\u00f3n polo que, a priori, ese cambio se adaptar\u00e1 en breve e dentro deste mes, cando se convoque o pleno extraordinario para aprobar os Orzamentos Municipiais para o ano 2022.<\/p>\n<p>Por outra banda, tam\u00e9n se procedeu a aprobar d\u00faas solicitudes de bonificaci\u00f3n do Imposto de Construci\u00f3n, Instalaci\u00f3ns e Obras (ICIO) e a modificar a ordenanza fisca do servizos de recollida de lixo para clarificar mellor a obrigaci\u00f3n dos establecementos comerciais de facerse cargo do aboamento desta taxa a\u00ednda que non estean abertos ao p\u00fablico.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n se aprobou por unanimidade o inventario definitivo de bens e dereitos do Concello de Campo Lameiro despois de atender as reclamaci\u00f3ns e inscribir alg\u00fans cami\u00f1os p\u00fablicos que\u00a0 son de titularidade municipal, pero que no documento inicial redactado pola empresa encargada de facer eses traballos quedaran f\u00f3ra.<\/p>\n<p>Noutra orde de cousas, aprob\u00e1ronse as bases reguladoras das axudas por danos derivados da pandemia da Covid-19 ocasionados a aut\u00f3nomos e empresas e que proceden de fondos da Deputaci\u00f3n de Pontevedra e que ser\u00e1n un m\u00e1ximo de 500 euros por establecemento (m\u00e1ximo de 700 no caso de ter dous ou m\u00e1s) obrigado a pechar e de 300 euros para os non obrigados a pechar (no caso de ter dous ou m\u00e1is, ter\u00e1n un m\u00e1ximo de 500 euros).<\/p>\n<p>O alcalde, Carlos Costa, informou tam\u00e9n ao Pleno de que os 47.000 euros sobrantes das distintas obras realizadas con cargo ao Plan Concellos ser\u00e1n destinados a mercar un brazo desbrozadora mec\u00e1nica para o tractor, unha cisterna que poder\u00e1 ter un uso vers\u00e1til na loita contra incendios, desentullo e para baleirar augas residuais e sete desbrozadoras de man.<\/p>\n<p>No cap\u00edtulo de rogos e preguntas, a voceira de Porvir, Martina Vi\u00e9itez, interesouse pola marcha da implantaci\u00f3n da iluminaci\u00f3n LED e sobre como se atender\u00e1 aos lugares que quedan pendentes de instalar, reclamou o acceso a documentaci\u00f3n municipal, solicitou que se ampliara o horario da arquitecta para axilizar os expedientes que acumulaban retraso e intereseouse pola posta en marcha do convenio con Contucho para baleirar fosas s\u00e9pticas, as\u00ed como polo expediente de convocatoria da Mesa Local de loita contra a violencia de x\u00e9nero e o enganche do autob\u00fas de Abanca \u00e1 electricidade municipal.<\/p>\n<p>En canto \u00e1 instalaci\u00f3n de luces LED, o alcalde manifestou que quedaban poucos lugares sen esta tecnolox\u00eda, pero que na intenci\u00f3n do equipo de goberno estaba proceder a adaptalas o m\u00e1is axi\u00f1a posible a trav\u00e9s do Plan Concellos do 2022 ou mesmo con fondos propios.<\/p>\n<p>Sobre a ampliaci\u00f3n do horario da arquitecta, o alcalde explicou que efectivamente hab\u00eda certos retrasos debido ao exceso de traballo que se vi\u00f1a acumulando a ra\u00edz das moitas obras que se est\u00e1n acometendo, os proxectos que se redactan para optar a subvenci\u00f3ns e pola necesidade de supervisar a marcha dos traballos que se est\u00e1n executando. Polo que respecta ao acceso \u00e1 documentaci\u00f3n, o alcalde reiteroulle \u00e1 voceira de Porvir de que o seu desexo era ofrecer a m\u00e1xima transparencia e que accedera sen problemas coa \u00fanica limitaci\u00f3n que impuxera a Lei de Protecci\u00f3n de Datos.<\/p>\n<p>No que respecta ao convenio con Contucho, o rexedor sinalou que se substanciar\u00e1 en breve toda vez que o Concello dispo\u00f1a da nova cisterna para colaborar nos traballos de baleirado de pozos negros o que permitir\u00e1 axustar a tarifa \u00e1 realidade do servizo que se vai prestar.<\/p>\n<p>En referencia \u00e1 Mesa Local contra a Violencia de X\u00e9nero, a concelleira de Servizos Sociais, Nieves Boullosa, explicou que todo o procedemento se levaba desde os Servizos Sociais do Concello en colaboraci\u00f3n cunha asistencia externa especializada en temas de igualdade e que o desexo do Concello \u00e9 que se implique ao maior n\u00famero posible de persoas e colectivos co fin de poder dar resposta satisfactoria a un grave problema que padece o conxunto da sociedade. Indicoulle que o expediente de constituci\u00f3n e convocatoria est\u00e1 a disposici\u00f3n de quen queira consultalo.<\/p>\n<p>Sobre o enganche do autob\u00fas de Abanca ao Consistorio Municipal, o alcalde indicoulle que se estaban facendo medici\u00f3ns e buscando alternativas para determinar o consumo da entidade bancaria, a trav\u00e9s dun contador aparte, co fin de ver o modo de compensalo ou de que se fagan cargo do seu pago xa que a activaci\u00f3n do xerador de corrente que leva a unidade m\u00f3bil bancaria provoca uns ruidos e vibraci\u00f3ns que fan inviable telo operativo na s\u00faa ubicaci\u00f3n actual.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda o voceiro do PSdeG-PSOE, Adri\u00e1n Vidal, solicitou informaci\u00f3n sobre a posta en marcha do Centro de Estancia e solicitou a emisi\u00f3n en directo a trav\u00e9s dalgunha plataforma ou rede social dos plenos municipais. O alcalde explicoulle que estaban a expensas de que autorizara o proxecto Patrimonio e con respecto \u00e1 emisi\u00f3n dos plenos encadrouno dentro dunha futura ordenanza sobre o funcionamento da Corporaci\u00f3n Municipal.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Pleno da Corporaci\u00f3n Municipal do Concello de Campo Lameiro aprobou por unanimidade dos seus membros presentes a sexta axuda \u00e1 natalidade e para o fomento do empadroamento que se otorga neste ano 2021 e que supor\u00e1 un aporte econ\u00f3mico de 500 euros a satisfacer en d\u00faas anualidades de 250 euros. Os tres grupos pol\u00edticos [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":8,"featured_media":5788,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[57,8],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5787"}],"collection":[{"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/8"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5787"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5787\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5792,"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5787\/revisions\/5792"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5788"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5787"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5787"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5787"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}