{"id":5126,"date":"2021-01-15T15:50:31","date_gmt":"2021-01-15T14:50:31","guid":{"rendered":"https:\/\/campolameiro.org\/?p=5126"},"modified":"2021-01-15T15:50:31","modified_gmt":"2021-01-15T14:50:31","slug":"axudas-para-novos-emprendedores-galicia-emprende-2021","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/axudas-para-novos-emprendedores-galicia-emprende-2021\/","title":{"rendered":"AXUDAS PARA NOVOS EMPRENDEDORES-GALICIA EMPRENDE 2021"},"content":{"rendered":"<table width=\"1502\">\n<tbody>\n<tr>\n<td width=\"1502\"><strong>AXUDAS PUBLICADAS<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td width=\"1502\"><strong>AXUDAS PARA NOVOS EMPRENDEDORES \u2013 GALICIA EMPRENDE 2021<\/strong><\/p>\n<h3>OBXECTO<\/h3>\n<p>As bases te\u00f1en por obxecto convocar as subvenci\u00f3ns para os proxectos emprendedores de creaci\u00f3n ou ampliaci\u00f3n de pequenas empresas galegas ou cun centro de traballo en Galicia que na data de presentaci\u00f3n da solicitude de axuda non te\u00f1an m\u00e1is de 42 meses de antig\u00fcidade desde a data de inicio da s\u00faa actividade (primeira alta no IAE).<\/p>\n<p>Ser\u00e1n subvencionables tam\u00e9n os proxectos de reemprendemento, entendendo como tal exclusivamente as persoas aut\u00f3nomas que estivesen de baixa continuada de toda actividade econ\u00f3mica por conta propia durante un per\u00edodo igual ou superior a 3 anos; nestes casos, os 42 meses contaranse respecto da primeira alta en actividade econ\u00f3mica por conta propia inmediatamente posterior \u00e1 dita baixa.<\/p>\n<p>A presente convocatoria fin\u00e1nciase no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, que ten unha taxa de cofinanciamento do Feder do 80 %, computando como cofinanciamento nacional o investimento privado elixible dos beneficiarios polo 20 % restante.<\/p>\n<h3>CARACTER\u00cdSTICAS DA AXUDA<\/h3>\n<p>Subvenci\u00f3n a fondo perdido en r\u00e9xime de concorrencia competitiva.<\/p>\n<p><strong>Ser\u00e1n subvencionables<\/strong>\u00a0os investimentos e gastos que correspondan de xeito indubidable ao proxecto de creaci\u00f3n ou ampliaci\u00f3n da pequena empresa, en particular:<\/p>\n<p>a)\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Obra civil para construci\u00f3n, reforma ou habilitaci\u00f3n de instalaci\u00f3ns.<\/p>\n<p>b)\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Bens de equipamento: maquinaria de proceso, instalaci\u00f3ns espec\u00edficas para a actividade subvencionable, equipamentos e medios de transporte interno, veh\u00edculos especiais de transporte externo, medios de protecci\u00f3n do ambiente e outros bens de equipamento.<\/p>\n<p>c)\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Outros investimentos en activos fixos materiais, inclu\u00eddo mobiliario. En ning\u00fan caso se subvencionar\u00e1n os veh\u00edculos de transporte externo que non te\u00f1an a consideraci\u00f3n de veh\u00edculo especial.<\/p>\n<p>d)\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Activos inmateriais: activos que non te\u00f1en unha materializaci\u00f3n f\u00edsica ou financeira, como patentes, licenzas, co\u00f1ecementos t\u00e9cnicos ou outros dereitos de propiedade intelectual e p\u00e1xinas web.<\/p>\n<p>e)\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 A adquisici\u00f3n de activos pertencentes a un establecemento ou de bens de equipamento de segunda man (segundo os requirimentos establecidos).<\/p>\n<p>f)\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Gastos de persoal de nova contrataci\u00f3n.<\/p>\n<p>g)\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Gastos de alugueiro de locais. Non poder\u00e1n imputarse custos por este concepto no caso de que a actividade se desenvolva na vivenda da persoa emprendedora.<\/p>\n<p>h)\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Gastos de contrataci\u00f3ns externas de servizos espec\u00edficos: software de pagamento por uso, dese\u00f1o gr\u00e1fico, identidade corporativa, servizos de asesoramento para a posta en marcha do proxecto empresarial.<\/p>\n<p>i)\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Os custos do informe de auditor de contas inscrito no ROAC requirido no artigo 17.4.b).2\u00ba, ata un m\u00e1ximo de 1.000 \u20ac.<\/p>\n<p>A subvenci\u00f3n a fondo perdido ser\u00e1 do 80 % dos custos subvencionables, ata un m\u00e1ximo de 400.000 \u20ac.<\/p>\n<h3>OS PROXECTOS DEBER\u00c1N CUMPRIR OS SEGUINTES REQUISITOS:<\/h3>\n<p>a)\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Ser t\u00e9cnica, econ\u00f3mica e financeiramente viables.<\/p>\n<p>b)\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Ser proxectos completos, \u00e9 dicir, a realizaci\u00f3n dos gastos e investimentos subvencionables debe dar como resultado a posta en marcha da actividade ou a s\u00faa ampliaci\u00f3n. Non ser\u00e1n subvencionables as fases de proxectos que non sexan completas nestes termos.<\/p>\n<p>c)\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Deben desenvolverse en Galicia.<\/p>\n<p>d)\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 A axuda solicitada debe supor un efecto incentivador para o proxecto presentado.<\/p>\n<h3>PERSOAS BENEFICIARIAS<\/h3>\n<p>Poder\u00e1n ser beneficiarias destas axudas as persoas traballadoras aut\u00f3nomas e as pequenas empresas, segundo a definici\u00f3n establecida pola Comisi\u00f3n Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651\/2014, que realicen unha actividade econ\u00f3mica e te\u00f1an menos de 42 meses de antig\u00fcidade de alta na actividade na data da solicitude da axuda, segundo se establece no artigo 1 da orde publicada.<\/p>\n<p>Ent\u00e9ndense inclu\u00eddas as sociedades mercant\u00eds, cooperativas, asociaci\u00f3ns e outras entidades con personalidade xur\u00eddica propia e as sociedades civ\u00eds, comunidades de bens e outras entidades sen personalidade xur\u00eddica propia, sempre que conten con NIF e a s\u00faa constituci\u00f3n estea documentada e presentada a autoliquidaci\u00f3n do imposto de actos xur\u00eddicos documentados.<\/p>\n<h3>PRAZO<\/h3>\n<h3>09\/01\/2021 &#8211; 22\/02\/2021<\/h3>\n<h3>O prazo de presentaci\u00f3n de solicitudes comezar\u00e1 o d\u00eda seguinte \u00e1 publicaci\u00f3n da resoluci\u00f3n de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizar\u00e1 transcorridos 45 d\u00edas naturais.<\/h3>\n<h3>NORMATIVA<\/h3>\n<h3><em>Resoluci\u00f3n do 17 de decembro de 2020 pola que se d\u00e1 publicidade do Acordo do Consello de Direcci\u00f3n que aproba as bases reguladoras das axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede \u00e1 s\u00faa convocatoria para 2021 en r\u00e9xime de concorrencia competitiva (Galicia emprende) (c\u00f3digo de procedemento IG406F).(DOG n\u00fam. 4 do 8 de xaneiro de 2021).<\/em><\/h3>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.xunta.gal\/dog\/Publicados\/2021\/20210108\/AnuncioO92-171220-0001_gl.pdf\">Publicaci\u00f3n DOG<\/a>\u00a0<a href=\"https:\/\/sede.xunta.gal\/detalle-procedemento?codtram=IG406F&amp;ano=2021&amp;numpub=1&amp;lang=gl\">Ficha sede<\/a><\/p>\n<p><strong>INSCRICI\u00d3N NO PROCEDEMENTO DE RECO\u00d1ECEMENTO DA COMPETENCIA PROFESIONAL.<\/strong><\/p>\n<h3>OBXECTO<\/h3>\n<p>Esta orde ten por obxecto realizar a convocatoria para o ano 2021, no \u00e1mbito da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia, do procedemento para a avaliaci\u00f3n e acreditaci\u00f3n das competencias profesionais adquiridas polas persoas a trav\u00e9s da experiencia laboral e\/ou de v\u00edas non formais de formaci\u00f3n (c\u00f3digo de procedemento TR305A) para un total de 1.209 prazas, nas unidades de competencia que se indica no anexo I e cun total de 4.140 unidades de competencia<\/p>\n<h3>UNIDADES DE COMPETENCIA CONVOCADAS.<\/h3>\n<p>\u00b7\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Atenci\u00f3n sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 325 prazas.<\/p>\n<p>\u00b7\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Atenci\u00f3n sociosanitaria a persoas dependentes en instituci\u00f3ns sociais (SSC320_2): 225 prazas.<\/p>\n<p>\u00b7\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Socorrismo en espazos acu\u00e1ticos naturais (AFD340_2): 150 prazas.<\/p>\n<p>\u00b7\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Socorrismo en instalaci\u00f3ns acu\u00e1ticas (AFD096_2): 150 prazas.<\/p>\n<p>\u00b7\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Operaci\u00f3ns de vixilancia e extinci\u00f3n incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural (SEA595_2): 150 prazas.<\/p>\n<p>\u00b7\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Vixilancia e seguridade privada (SEA029_2): 162 prazas, nas seguintes unidades de competencia:<\/p>\n<p>\u2013\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 UC0080_2 Efectuar a vixilancia e protecci\u00f3n de bens e persoas en espazos delimitados e do transporte de fondos e obxectos valiosos.<\/p>\n<p>\u2013\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 UC0081_2 Efectuar o acompa\u00f1amento, defensa e protecci\u00f3n de persoas ou grupos concretos.<\/p>\n<p>\u00b7\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 52 prazas das persoas que quedaron na lista de espera na convocatoria anterior (Orde do 15 de novembro de 2019).<\/p>\n<p>\u00b7\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 110 novas prazas.<\/p>\n<p>\u00b7\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 47 prazas que pertencen \u00e1 lista definitiva de persoas en lista de espera (Orde do 15 de novembro de 2019).<\/p>\n<p>Nesta cualificaci\u00f3n profesional non se admitir\u00e1n novas solicitudes nesta convocatoria.<\/p>\n<p>Poder\u00e1 ampliarse a outras cualificaci\u00f3ns profesionais as unidades de competencias convocadas e, para eses efectos, publicarase polos mesmos medios que a presente convocatoria coa apertura de prazo para presentar solicitudes \u00e1s novas unidades convocadas.<\/p>\n<p>Unidades de competencia convocadas.<\/p>\n<p>No caso de que nalgunha das unidades de competencia convocadas as persoas candidatas admitidas non cubran o n\u00famero de prazas convocadas, o Instituto Galego das Cualificaci\u00f3ns poder\u00e1 asignar estas prazas a outras unidades de competencia doutras cualificaci\u00f3ns profesionais, atendendo prioritariamente a aquelas cualificaci\u00f3ns profesionais que estean afectadas por unha regulaci\u00f3n profesional.<\/p>\n<h3>PERSOAS BENEFICIARIAS<\/h3>\n<p>Persoas traballadoras asaliaradas, aut\u00f3nomas ou por conta propia, voluntarias ou bolseiras.<\/p>\n<h3>REQUISITOS<\/h3>\n<p>1. As persoas que desexen participar no procedemento deber\u00e1n cumprir os seguintes requisitos:<\/p>\n<p>a)\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Posu\u00edr a nacionalidade espa\u00f1ola; atoparse inclu\u00eddo, como residente comunitario ou familiar deste, no \u00e1mbito de aplicaci\u00f3n do Real decreto 240\/2007, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulaci\u00f3n e residencia en Espa\u00f1a de cidad\u00e1ns da UE; ou ser titular dunha autorizaci\u00f3n de residencia en Espa\u00f1a en vigor.<\/p>\n<p>b)\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Ter 20 anos feitos no momento de realizar a inscrici\u00f3n, para o caso de solicitar unidades de competencia de niveis 2 e 3.<\/p>\n<p>c)\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Ter experiencia laboral e\/ou formaci\u00f3n non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar:<\/p>\n<p>1\u00ba. No caso de experiencia laboral: Para as unidades de competencia das cualificaci\u00f3ns de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 3 anos, cun m\u00ednimo de 2.000 horas traballadas en total nos \u00faltimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria.<\/p>\n<p>2\u00ba. No caso de formaci\u00f3n non formal: Para as unidades de competencia das cualificaci\u00f3ns de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 300 horas nos \u00faltimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria.<\/p>\n<p>Naqueles m\u00f3dulos formativos asociados \u00e1 unidade de competencia que se pretende acreditar que consideren unha duraci\u00f3n inferior, deber\u00e1n acreditarse as horas establecidas nestes.<\/p>\n<p>d)\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Non estar matriculado nun curso de formaci\u00f3n profesional inicial, ordinario ou modular, ou non estar, no momento da inscrici\u00f3n, realizando formaci\u00f3n profesional para o emprego, conducente \u00e1 acreditaci\u00f3n das unidades de competencia que solicita.<\/p>\n<p>e)\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Non posu\u00edr ou estar en condici\u00f3ns de obter un t\u00edtulo de formaci\u00f3n profesional ou un certificado de profesionalidade que conte\u00f1a a\/as unidade\/s de competencia que solicita, nin os seus equivalentes ou a acreditaci\u00f3n parcial da\/das unidade\/s de competencia que solicita.<\/p>\n<p>f)\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Non estar inscrito noutro procedemento de reco\u00f1ecemento da experiencia profesional ou nas probas libres para a obtenci\u00f3n do t\u00edtulo de formaci\u00f3n profesional, levado a cabo por calquera administraci\u00f3n ou organismo p\u00fablico, conducente \u00e1 acreditaci\u00f3n das mesmas unidades de competencia que solicita.<\/p>\n<p>2. As persoas candidatas, maiores de 25 anos, que re\u00fanan os requisitos de experiencia laboral ou de formaci\u00f3n indicados no punto anterior, e que non os poidan xustificar mediante os documentos sinalados no artigo 8 desta orde, poder\u00e1n solicitar a s\u00faa inscrici\u00f3n provisional no procedemento. Deber\u00e1n presentar xustificaci\u00f3n mediante algunha proba admitida en dereito da s\u00faa experiencia laboral e\/ou aprendizaxe non formal de formaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Segundo o establecido no artigo 11.2 do Real decreto 1224\/2009, do 17 de xullo, para estudar estes casos, a Direcci\u00f3n Xeral de Formaci\u00f3n e Colocaci\u00f3n designar\u00e1 aos asesores e asesoras necesarios, que emitir\u00e1n un informe sobre a procedencia ou non da participaci\u00f3n da persoa candidata no procedemento. Se o informe \u00e9 positivo, procederase \u00e1 s\u00faa inscrici\u00f3n definitiva.<\/p>\n<h3>PRAZO<\/h3>\n<h3>15\/01\/2021 &#8211; 11\/02\/2021<\/h3>\n<h3>1. O prazo de inscrici\u00f3n ser\u00e1 de 20 d\u00edas h\u00e1biles contados a partir do seguinte ao da publicaci\u00f3n desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.<\/h3>\n<h3>2. As persoas que quedaron na lista de espera definitiva da convocatoria publicada a trav\u00e9s da Orde do 15 de novembro de 2019, nas cualificaci\u00f3ns profesionais de Servizos para o control de pragas (SEA028_2) e de Vixilancia e seguridade privada (SEA029_2) non te\u00f1en que presentar solicitude de inscrici\u00f3n.<\/h3>\n<h3>NORMATIVA<\/h3>\n<p><em>Orde do 23 de decembro de 2020 pola que se realiza a convocatoria p\u00fablica para o ano 2021 do procedemento de reco\u00f1ecemento das competencias profesionais adquiridas a trav\u00e9s da experiencia laboral, na Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Cat\u00e1logo nacional de cualificaci\u00f3ns profesionais (DOG n\u00ba 8 do 14 de xaneiro de 2021).<\/em><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.xunta.gal\/dog\/Publicados\/2021\/20210114\/AnuncioG0599-281220-0002_gl.html\">Ligaz\u00f3n \u00e1 normativa<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h1>OUTRAS AXUDAS PUBLICADAS<\/h1>\n<h1>CONSELLER\u00cdA DE ECONOM\u00cdA, EMPRESA E E INNOVACI\u00d3N<\/h1>\n<p><a href=\"https:\/\/sede.xunta.gal\/detalle-procedemento?codtram=IN421L&amp;anno=2021&amp;numpub=1&amp;lang=gl\">IN421L Axudas para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerx\u00edas renovables e proxectos de aforro e eficiencia enerx\u00e9tica nas empresas de produci\u00f3n agr\u00edcola primaria.<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/sede.xunta.gal\/detalle-procedemento?codtram=TR305A&amp;anno=2021&amp;numpub=1&amp;lang=gl\">TR305A Inscrici\u00f3n no procedemento de reco\u00f1ecemento da competencia profesional.<\/a><\/p>\n<p><strong>MEDIO RURAL :<\/strong><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/sede.xunta.gal\/detalle-procedemento?codtram=MR443A&amp;anno=2021&amp;numpub=1&amp;lang=gl\">MR443A Axudas para o fomento da contrataci\u00f3n dos seguros agrarios.<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/sede.xunta.gal\/detalle-procedemento?codtram=MR553C&amp;anno=2021&amp;numpub=1&amp;lang=gl\">MR553C Indemnizaci\u00f3ns polo sacrificio obrigatorio de animais en execuci\u00f3n de programas e actuaci\u00f3ns oficiais de vixilancia, loita, control e erradicaci\u00f3n das s\u00faas enfermidades<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/sede.xunta.gal\/detalle-procedemento?codtram=MR361A&amp;anno=2021&amp;numpub=1&amp;lang=gl\">MR361A Axudas para os investimentos para a elaboraci\u00f3n e comercializaci\u00f3n de produtos vitivin\u00edcolas, financiados polo FEAGA.<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/sede.xunta.gal\/detalle-procedemento?codtram=MT809D&amp;anno=2021&amp;numpub=1&amp;lang=gl\">MT809D Axudas econ\u00f3micas para a prevenci\u00f3n dos danos que causan as especies silvestres.<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/sede.xunta.gal\/detalle-procedemento?codtram=MT809E&amp;anno=2021&amp;numpub=1&amp;lang=gl\">MT809E Axudas econ\u00f3micas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agr\u00edcolas.<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/sede.xunta.gal\/detalle-procedemento?codtram=MT809B&amp;anno=2021&amp;numpub=1&amp;lang=gl\">MT809B Axudas econ\u00f3micas para paliar os danos producidos polo lobo<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/sede.xunta.gal\/detalle-procedemento?codtram=MR536A&amp;anno=2021&amp;numpub=1&amp;lang=gl\">MR536A Axudas para o fomento das razas aut\u00f3ctonas galegas.<\/a><\/p>\n<p><strong>EDUCACI\u00d3N :<\/strong><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/sede.xunta.gal\/detalle-procedemento?codtram=ED504E&amp;anno=2021&amp;numpub=1&amp;lang=gl\">ED504E Axudas a centros privados concertados para a contrataci\u00f3n de auxiliares de conversa para mellorar a competencia ling\u00fc\u00edstica do alumnado en linguas extranxeiras.<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/sede.xunta.gal\/detalle-procedemento?codtram=ED417A&amp;anno=2021&amp;numpub=1&amp;lang=gl\">ED417A Axudas complementarias do programa comunitario de mobilidade de estudantes Erasmus+.<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/sede.xunta.gal\/detalle-procedemento?codtram=ED433A&amp;anno=2021&amp;numpub=1&amp;lang=gl\">ED433A Axudas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso acad\u00e9mico ou por unha situaci\u00f3n derivada da COVID-19, te\u00f1a dificultades econ\u00f3micas para continuar os estudos.<\/a><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>AXUDAS PUBLICADAS &nbsp; AXUDAS PARA NOVOS EMPRENDEDORES \u2013 GALICIA EMPRENDE 2021 OBXECTO As bases te\u00f1en por obxecto convocar as subvenci\u00f3ns para os proxectos emprendedores de creaci\u00f3n ou ampliaci\u00f3n de pequenas empresas galegas ou cun centro de traballo en Galicia que na data de presentaci\u00f3n da solicitude de axuda non te\u00f1an m\u00e1is de 42 meses de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":8,"featured_media":5127,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[57],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5126"}],"collection":[{"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/8"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5126"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5126\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5129,"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5126\/revisions\/5129"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5127"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5126"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5126"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5126"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}